Skip to Content

ONDE ATOPARNOS

C.E.I.P. Plurilingüe Tirán

 

Datos de interese

Correo electrónico: ceip.tiran@edu.xunta.es

Dirección: Igrexario s/n, Tirán (Moaña)-36958

Teléfono/fax: 886.11.02.71

Horario: 9:30 a 14:30 e martes de 16:00 a 19:00

 

ONDE ATOPARNOS?

O noso colexio atópase nun lugar privilexiado preto do Monte dos Remedios, na parroquia de Tirán en Moaña.

Para chegar ata o noso centro escolar, haberá que vir pola estrada PO-551 que une as localidades de Moaña e Cangas do Morrazo. Aproximadamente a 2 kms de cada unha delas, atoparedes o desvío ó colexio, por unha vía ascendente (véxanse as seguintes imaxes).

 

Vista vindo de Moaña.

 

Vista vindo de Cangas (atoparedes un letreiro comercial á dereita "Relé").

 

 

Vía ascendente hacia o noso colexio (hai indicacións ó centro a ambas marxes).

 

Ó chegar ó Cruceiro, seguimos a vía ascendente (en diagonal hacia a esquerda), e a escasos 30 metros atoparedes o acceso ó recinto escolar.

 

Si ves polo chamado "Corredor do Morrazo", estrada CG-4.1, a nosa recomendación é que tomes a saída nº12, dirección Cangas, e ó chegar a esta localidade, na segunda rotonda, a famosa "Glorieta do Gordo", xires á esquerda dirección Moaña, e sigas as indicacións que che indicamos anteriormente.

 

 

 



page | by Dr. Radut