ENTROIDO

Mandatos da Curuxa

Xa chega o Entroido! Aquí podedes ver os mandatos da curuxa.

Entroido 2018

Un curso escolar máis, celebramos o Entroido no noso colexio.

Este ano, ataviados con traxes castrexos, ferramentas e adornos, metémonos un pouco na vida destes antepasados que poblaron o noso "Monte dos Remedios" (antigo "Monte do Castro"), seguindo a liña do tema central para este curso escolar, vinculado tamén co proxecto de Voz Natura.

A celebración veu marcada pola xa tradicional merendola de todo o centro cos postres típicos desta festa, doces aportados por algunhas familias. A continuación, e dado que o tempo nolo permitiu, sustituímos a nosa "Milla Diaria" por un paseo-desfile polas rúas de Tirán, como de costume, co resto da comunidade educativa que nos quixo acompañar neste tempo de lecer.

Pasámolo moi ben!

Grazas por compartir este día connosco!

 

Podedes ver as fotos dos distintos grupos nunha nova entrada do noso blogue "O Monte do Castro"

Os mandatos da Curuxa

Aquí vos deixamos un ano máis os mandatos da Curuxa!

Esperamos disfrutar convosco deles!

 

Desfile 2017

Un ano máis, levamos a cabo o xa tradicional desfile polas rúas de Tirán.

Dado que a climatoloxía nos permitíu sair, todas as nenas/os e mestras/es do CEIP Plurilíngüe Tirán desfilaron polas inmediacións do centro escolar acompañados por todas aquelas nais/pais (e demáis familias) que poideron asistir.

Agradecer tamén á Policía Local de Moaña que nos acompañase por este trazado urbano.

 

Disfrutade do Entroido!!

Vémonos á volta!! As clases retómanse o vindeiro xoves 2 de marzo no seu horario habitual.

 

(Premede nas imaxes para visualizalas con maior calidade)

OS MANDATOS DA CURUXA 2017

OLA FAMILIAS,

UN ANO MÁIS, COA CHEGADA DO ENTROIDO, TEMOS OS MANDATOS DA CURUXA.

DURANTE ESTA SEMANA, NOS DÍAS PREVIOS Á CELEBRACIÓN DO ENTROIDO NO NOSO COLEXIO, LEVAREMOS A CABO OS SEGUINTES MANDATOS DA CURUXA!

OLLO!! SON ACUMULATIVOS!!

 

SE COMO A CURUXA QUERES VOAR... O LUNS DÍA 20 ALGO NO PESCOZO DEBES PORTAR!

SE Á CURUXA QUÉRESTE PARECER... O MARTES DÍA 21 UNHA PERRUCA DEBES TRAER!

SE COA CURUXA QUERES BAILAR... O MÉRCORES DÍA 22 ALGO NA CARA DEBES PINTAR!

E SE COA CURUXA QUERES RIR... O XOVES DÍA 23 EN PIXAMA DEBES VIR!!

 

VER / DESCARGAR PDF COS MANDATOS!

OS MANDATOS DA CURUXA 2016

E OS MANDATOS DA CURUXA PARA MAÑÁ XOVES!

 

 

MANDATOS DA CURUXA PARA O MÉRCORES! :)

 

 

UN ANO MÁIS, AQUI VOS DEIXAMOS OS MANDATOS DA CURUXA PARA ESTA SEMANA! OLLO! COMEZAMOS OS MANDATOS O MARTES DÍA 2!

ENTROIDO 2015

Como cada ano, a Curuxa vainos mandar os seus MANDATOS para este ENTROIDO 2015. 

Este mandato cambia cada día, así que procurade estar moi atentos!

 

AÍNDA QUE Á CURUXA NON SE LLE NOTE

O XOVES DÍA 12 

TI VIRÁS CON BIGOTE!!

 

SE Á CURUXA NON VES,

O MÉRCORES DÍA 11

VÉN CON ALGO DO REVÉS!

SE Á CURUXA QUÉRESTE PARECER,

O MARTES DÍA 10

ALGO NO PESCOZO DEBES TRAER!

 

SE COMO A CURUXA QUERES VOAR,

O LUNS DÍA 9

ALGO NA CABEZA DEBES PORTAR!

ENTROIDO 2014



                                       2014

PREME AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS    

ENTROIDO 2013

carnival

                   2013

                                           

ENTROIDO 2012

CADA ANO A FESTA DO ENTROIDO COMENZA COMENDO...

EVERY YEAR ENTROIDO CELEBRATION STARTS EATING...

 

 

 

Diferent kinds of trees, squirrels, foxes, hedgehogs are part of "The animated forest".

Diferentes clases de árbores, ardillas, zorros, erizos forman parte de "O bosque animado".


Os coelliños de 3 anos acompañan a Josh.

The little rabbits of 3 years old are with Josh.

Eva,the rabbit teacher of 3 years is with all the little rabbits.

Eva, a mestra coella de tres anos está con todos os coelliños.

 

As abelliñas esperan  na súa clase coa súa mestra abella e outra "árbore" para sair a voar.

The little bees are waiting for to go out to fly, in their classroom with the bee teacher and other "tree", 

First grade classroom is full of little mushrooms and the teacher is a pine.

A clase de primeiro está chea de setas pequenas e a mestra é un pino.

Os mouchiños de 4 e 5 anos coas mestras van a sair voando nun momentiño.

The little owls of 4 and 5 years old with the teachers are going to go out flying in a moment.

 

And the last dance to say goodbye to the Entroido parade around Tirán.

E o derradeiro baile para decir adeus ao desfile de Entroido por Tirán.

 

See you in Xoubiña parade next saturday 25th of february...!

Vémonos no desfile da Xoubiña o vindeiro sábado 25 de febreiro...!

Distribuir contido