Skip to Content

Entroido 2018

Un curso escolar máis, celebramos o Entroido no noso colexio.

Este ano, ataviados con traxes castrexos, ferramentas e adornos, metémonos un pouco na vida destes antepasados que poblaron o noso "Monte dos Remedios" (antigo "Monte do Castro"), seguindo a liña do tema central para este curso escolar, vinculado tamén co proxecto de Voz Natura.

A celebración veu marcada pola xa tradicional merendola de todo o centro cos postres típicos desta festa, doces aportados por algunhas familias. A continuación, e dado que o tempo nolo permitiu, sustituímos a nosa "Milla Diaria" por un paseo-desfile polas rúas de Tirán, como de costume, co resto da comunidade educativa que nos quixo acompañar neste tempo de lecer.

Pasámolo moi ben!

Grazas por compartir este día connosco!

 

Podedes ver as fotos dos distintos grupos nunha nova entrada do noso blogue "O Monte do Castro"

AdxuntoTamaño
DSC03553.JPG2.89 MB
DSC03562.JPG2.62 MB


blog | by Dr. Radut