Blogues

Reunións de titoría

Convócase ás familias dos distintos cursos ás reunións coas titorías. Por cuestións de aforo e protocolo, solicítase a asistencia á dita reunión dunha soa persoa da unidade familiar.

    * 3 anos: 28 de setembro ás 17:00

    * 4 anos: 14 de setembro ás 17:00

    * 5 anos: 21 de setembro ás 17:00

    * 1º EP: 14 de setembro ás 17:00

    * 2º EP: 14 de setembro ás 18:00

    * 3º EP: 21 de setembro ás 17:00

    * 4º EP: 21 de setembro ás 18:00

    * 5º EP: 21 de setembro ás 18:00

    * 6º EP: 21 de setembro ás 18:00

Listaxes de material (Educación Primaria)

Adxúntanse as listaxes de material de Educación Primaria:

     * 1º EP (prema aquí)

     * 2º EP (prema aquí)

     * 3º EP (prema aquí)

     * 4º EP (prema aquí)

     * 5º EP (prema aquí)

     * 6º EP (prema aquí)

 

* Todas as clases de Educación Primaria precisarán dunha axenda escolar. A vindeira semana estará dispoñible a axenda escolar do noso colexio, informarémosvos de cando a podedes solicitar.

Autorización para a saída do alumnado sen acompañante

Adxúntase a autorización para a saída do alumnado do centro educativo ou do servizo de transporte sen acompañante maior de idade (prema aquí).

Servizo de comedor

Adxúntase o modelo de autodeclaración para especificar a taxa correspondente do servizo de comedor (prema aquí).

Presentación do novo equipo directivo

Convócase ás familias interesadas a unha reunión informativa a vindeira semana para a presentación do novo equipo directivo e cuestións relativas de cara ao inicio de curso.

Luns 6:

       * 17:00 - 18:00 > Familias de Educación Infantil

       * 18:30 - 19:30 > Familias de 1º e 2º de Educación Primaria

Martes 7:

       * 17:00 - 18:00 > Familias de 3º e 4º de Educación Primaria

       * 18:30 - 19:30 > Familias de 5º e 6º de Educación Primaria

Por cuestións de aforo e protocolo, solicítase a asistencia á dita reunión dunha soa persoa da unidade familiar.

Axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo

Xa poden solicitar as axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2021-2022. Teñen toda a información no documento adxunto. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 30 de setembro, inclusive.

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros: listaxes definitvas

Publicación das listaxes definitivas das axudas de libros, axudas de material e fondolibros no taboleiro do centro.

     > Listaxe definitiva de axudas para a adquisición de libros (2º EP) e axudas para adquisición de material escolar (de1º EP a 6º EP)

     > Listaxe definitiva de fondolibros (inclúe alumnado de 3º EP, 4º EP e 6º EP)

 

A recollida das axudas e dos libros de texto correspondentes deberá ser do 20 ao 23 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 baixo cita previa, ou no mes de setembro; esta recollida terá que ser efectuada pola persoa que fixo a solicitude.

Información de interese para o alumnado de 4ºEI do curso 2021-2022

Achégase información de interese sobre o alumnado que accederá no vindeiro curso escolar a 4º de EI (3 anos).

  • Horario do período de adaptación (prema aquí)
  • Folleto explicativo -o mesmo que foi entregado na reunión presencial- (prema aquí)
  • Presentación explicativa -a mesma que foi visualizada na reunión presencial- (prema aquí)

Libros de texto 2021-2022

Publicación dos libros de texto para o vindeiro curso escolar 2021-2022 (premer aquí).

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros: listaxes provisionais

Publicación das listaxes provisionais das axudas de libros, axudas de material e fondolibros no taboleiro do centro.

     > Listaxe provisional de axudas para a adquisición de libros (1º EP e 2º EP) e axudas para adquisición de material escolar (de1º EP a 6º EP)

     > Listaxe provisional de fondolibros (inclúe alumnado de 3º EP, 4º EP e 6º EP)

Distribuir contido