Skip to Content

Proceso de admisión de alumnado para o curso escolar 2024-2025

Dende o venres 1 de marzo e ata o día 20 do mesmo mes está aberto o prazo para a solicitude de praza escolar para o vindeiro curso académico. O cumprimento do formulario realizarase preferentemente na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/. Para máis información, premer aquí.

 

  • Alumnado ao que afecta este prazo:

- Alumnado que comeza a súa escolarización.

- Alumnado de 6º de EP que continúe os seus estudos de educación secundaria nun centro diferente ao adscrito.

- Alumnado que solicite cambio de colexio.

  • Prazo de presentación das solicitudes: do 1 de marzo ao 20 de marzo
  • Portas abertas. Se desexades vir coñecer o colexio, podedes facelo solicitando cita no 886 11 02 71
  • Presentación das solicitudes. Para presentar a solicitude deberá seguirse unha das opcións descritas a continuación.

- Preferentemente de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. É preciso ter certificado dixital ou Chave 365. As instrucións para cumprimentar están na propia páxina.

- Cubrir a solicitude telematicamente e presentala no noso colexio. As instrucións atópanse na páxina anteriormente citada: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no noso colexio. Podedes descargar a solicitude (premer aquí), solicitala ao correo electrónico do colexio (ceip.tiran@edu.xunta.gal) ou pedila na secretaría do centro. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".

 

  • Vacanates:

  • Prazos a ter en conta:

AdxuntoTamaño
22-23_Información admisión - Copia.pdf760.91 KB
ED550B-G_23-24.pdf1.38 MB


blog | by Dr. Radut