Día do LIBRO

O luns 23 de abril conmemoraremos no centro o "Día do Libro" cunha serie de actividades nas que fomentamos, unha vez máis, o gusto pola lectura e por todo o que a través dos libros se desenvolve.

Unha destas actividades foi a nosa "Milla lectora", na que nenos/as de primaria colleron da man a un ou dous nenos/as máis pequenos (infantil e primeiro curso de primaria) e, ademáis de percorrer xuntos a Milla, buscaron un lugar cómodo onde sentarse e leron xuntos un conto. Unha actividade moi bonita para compartir, a lectura.

Nestes días o equipo da Curuteca confecionou un precioso mural no que se pode ver aos nenos/as do noso centro lendo un libro, o seu libro favorito (libro que pintaron na súa casa coa axuda das familias). Podedes pasar a ver o mural xunto coas vosas fillas/os e disfrutar deste marabilloso resultado. A continuación podedes visualizar tamén unhas imaxes do mesmo:

Ampliación marxe esquerda          Ampliación marxe dereita

AdxuntoTamaño
IMG_20180418_125848.jpg4.17 MB
IMG_20180418_125858.jpg4.2 MB
IMG_20180418_125905.jpg4.43 MB
IMG_20180424_095326.jpg1.31 MB