Skip to Content

Blogues

Procedemento para as reclamacións das cualificacións finais nos Centros. Curso 2018/19

Bos días.

Dado que temos moi preto o final do curso, cómpre informar dos protocolos e dos pasos que se deben levar a cabo no caso de que o alumnado precise reclamar as cualificacións finais neste curso.

Podedes atopar toda a información no seguinte PDF.

 

Un saúdo.

Let's sing for the Climate (Actividad por el Medio Ambiente)

Bos días a todos e todas.

Queremosvos presentar a actividade que estamos a desenvolver co obxectivo de concienciarnos no coidado do Medio Ambiente.

Nela está participando todo o centro.

Velaiquí van algunhas imaxes.

    

      

 

Enlace ao blogue AQUI.

Xornada de portas abertas

Queres vir ao noso colexio?

Tes interese en coñecer as nosas instalacións, a nosa forma de traballar, o noso día a dia?

Podes dar resposta a todas esas dúbidas acudindo á

Xornada de portas abertas do noso centro o vindeiro

mércores 27 de febreiro, a partires das 4 da tarde.

Esperámosvos!

 

 

Enquisa para o Plan de Mobilidade Urbano Sostible

En colaboración co Concello de Moaña, poñemos á vosa disposición un enlace a unha enquisa on-line de percepción actual referente ao Plan de Mobilidade Urbano Sostible, que aínda está por elaborar.

Moitas grazas.


https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe-oHsEoeFYJdo8s7PT5njdoXSilbD4J0ghBMEOMPAWjYI57g/viewform

Caranvexornal de Tirán

Como vos comentábamos estes días, o noso colexio foi o elexido en iniciar o CARANVEXORNAL do Concello de Moaña.

Podedes visualizalo premendo na imaxe.

Teatro en Inglés

Os alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe de Tirán sairemos este xoves 17 de xaneiro ao Auditorio de Cangas para ver unha obra de teatro en lingua inglesa.

Os colexios de Moaña estrean televisión

Hoxe xoves 10 de xaneiro, os colexios de Moaña estreamos televisión, "CARANVEXO TV", sendo o noso centro o primeiro en emitir. Non volo perdades!

Aquí podedes ler o artigo que publica hoxe o "Faro de Vigo":

https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2019/01/10/colegios-moana-estrenan-television/2030334.html

Bo Nadal 2018

Toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Tirán lles desexamos un BO NADAL , unhas FELICES FESTAS e un FELIZ ANO 2019!!

 

Violencia de Xénero 2018

Mañá venres, o noso centro conmemorará o Día contra a Violencia de Xénero, dado que o seu propio día 25 de novembro é domingo.

 

Contacontos Halloween en Inglés

Queridas familias.

 

Aquí tedes unha pequna mostra dos pais e nais que viñeron a contarnos contos en lingua inglesa polo Halloween.

Se queredes ver mais imaxes, podedes acceder ao Blogue de Lingua Inglesa premendo Aquí.

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut