Skip to Content

Blogues

Admisión: reserva de praza en centros adscritos

Dende hoxe e ata o vindeiro 8 de febreiro está aberto o prazo para reservar praza nos centros adscritos. O cumprimento do formulario realizarase preferentemente na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.

  • Alumnado ao que afecta este prazo:

- Alumnado de 6º de EP que continúe os seus estudos no curso 2021-2022 no IES A Paralaia.

- Alumnado de 6º de EI da EEI O Con que continúe os seus estudos de educación primaria no noso centro educativo.

       * O alumnado de 6º de EP que vaia continuar os seus estudos o vindeiro curso escolar noutro centro que non sexa o IES A Paralaia, debe esperar á apertura doutro prazo.

  • Prazo de presentación das solicitudes: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro
  • Presentación das solicitudes. Para presentar a solicitude deberá seguirse unha das opcións descritas a continuación.

- Preferentemente de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. É preciso ter certificado dixital ou Chave 365. As instrucións para cumprimentar están na propia páxina.

- Cubrir a solicitude telematicamente e presentala no noso colexio. As instrucións atópanse na páxina anteriormente citada: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. É indispensable solicitar cita no teléfono 886 11 02 71 para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no noso colexio. Podedes descargar a solicitude (premer aquí) ou solicitala ao correo electrónico do colexio (ceip.tiran@edu.xunta.gal) e vola enviaremos. É indispensable solicitar cita no teléfono 886 11 02 71 para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".

 

Axudas máscaras hixiénicas: procedemento

O venres 13 de novembro publicouse o procedemento polo cal serán distribuídas máscaras hixiénicas entre o alumnado de educacion primaria. Para ser beneficiaria ou beneficiario desta axuda, débese presentar o anexo I, anexo II e a copia do libro de familia.

Cómpre ter en conta que:

  • O prazo é do 16 ata o 27 de novembro.
  • A presentación das solicitudes será no propio colexio baixo CITA PREVIA.
  • O alumnado que recibiu a axuda de material escolar NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE, xa que de xeito autómatico se lle proporcionarán as máscaras.
  • A situación persoal e a composición da unidade familiar a ter en conta é a 31 de decembro de 2018.
  • A renda per cápita para a concesión da axuda debe ser igual ou inferior a 6.000 €.

 

Anexo I e II (descargar aquí)

Instrucións sobre o procedemento (descargar aquí)

Publicación no DOG (información extendida) (descargar aquí)

Comedor: menús de outubro

Para consultar os menús do mes de outubro, premer na seguinte ligazón (menús outubro)

Normas xerais en Educación Infantil

Publicación das normas xerais de Educación Infantil (pinchar aquí)

Reunións de titorías

As reunións de inicio de curso levaranse a cabo de xeito presencial.

Para asistir a ditas reunións cómpre ter en conta:

  • Só poderá asistir un membro da familia. O alumnado non poderá vir.
  • Cando o lugar de reunión sexa o ximnasio, accederase pola porta de dita planta. Para as reunións que sexan nas aulas accederase polas portas principais dos edificios.
  • Débense seguir as normas de hixiene e protección básicas: uso de máscara durante todo o tempo que se estea no recinto educativo e a hixiene de mans ao entrar e saír das aulas ou do ximnasio.
  • Rógase puntualidade.

 Quendas horarias:

Publicación do Plan de adaptación ao contexto COVID

Publicación dos documentos do centro educativo en relación ao contexto COVID:

  • "Plan de adaptación ao contexto COVID" (pinchar aquí)
  • Resumo do "Plan de adaptación ao contexto COVID" (pinchar aquí)

Actualización de datas e horarios no período de adaptación

Actualización dos horarios do período de adaptación para responder ás necesidades do "Plan de adaptación ao contexto COVID" (pinchar aquí)

 

Plan de adaptación ao contexto COVID

A vindeira semana procederemos á comunicación do "Plan de adaptación ao contexto COVID" mediante a publicación do mesmo nesta páxina web e a través de reunións presenciais no colexio.

Para asistir a estas reunións cómpre:

  • Só poderá asistir un membro da familia, polo que non se poderá vir con alumnado. 
  • Débense respectar as quendas horarias. Cada familia ten que asistir no seu horario.
  • O lugar de reunión é o ximnasio, polo que para acceder a el farase pola porta da mesma planta.
  • Débense seguir as normas de hixiene e protección básicas: uso de máscara durante todo o tempo que se estea no recinto educativo e a hixiene de mans ao entrar e saír do ximnasio.
  • Rógase puntualidade.

Quendas horarias:

Horario

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros: listaxes definitivas

Publicación no taboleiro das listaxes definitivas das axudas de libros, axudas de material e fondolibros.

Dende hoxe e ata o vindeiro venres 24 de xullo poderánse vir recoller os vales e os libros de texto. Lembrade:

      - horario de atención: 10:00 a 14:00

      - é IMPRESCIDIBLE cita previa

      - os vales e libros teñen que ser recollidos pola persoa solicitante da axuda

Calendario

Pódense recoller os vales e os libros de texto no mes de setembro.

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros: listaxes provisionais

Publicación das listaxes provisionais das axudas de libros, axudas de material e fondolibros:

     > Listaxe provisional de axudas para a adquisición de libros (1º EP e 2º EP) e axudas para adquisición de material escolar (de1º EP a 6º EP)

     > Listaxe provisional de fondolibros (inclúe alumnado de 3º EP a 6º EP)

                                  Calendario fondolibros

Distribuir contido


by Dr. Radut