Skip to Content

Blogues

Libros de texto 2021-2022

Publicación dos libros de texto para o vindeiro curso escolar 2021-2022 (premer aquí).

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros: listaxes provisionais

Publicación das listaxes provisionais das axudas de libros, axudas de material e fondolibros no taboleiro do centro.

     > Listaxe provisional de axudas para a adquisición de libros (1º EP e 2º EP) e axudas para adquisición de material escolar (de1º EP a 6º EP)

     > Listaxe provisional de fondolibros (inclúe alumnado de 3º EP, 4º EP e 6º EP)

Reunión informativa 4º de EI curso 2021-2022

Convócase unha reunión o luns 12 de xullo ás 12:00 horas para as familias do alumnado que accede o vindeiro curso escolar 2021-2022 ao CEIP Plurilingüe de Tirán en 4º de Educación Infantil (3 anos).

Por cuestións de aforo e protocolo, solicítase a asistencia á dita reunión sen o alumnado.

Formalización da matrícula

O prazo para a formalización da matrícula é do 20 ao 30 de xuño e é obrigatorio este proceso para o alumnado de nova incorporación ao centro educativo.

Documentación a entregar:

  • Anexo III (prema aquí)
  • 2 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinas ou informe médico que indique que están ao día
  • Fotocopia dos documentos de identidade das persoas proxenitoras e do alumnado, no caso de que o teña
  • Se é o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador da custodia da ou do menor

Xunto cos documentos fotocopiados deben vir os orixinais para que poidan ser cotexados.

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros

Dende hoxe e ata o 22 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas de libros, axudas de material escolar e fondolibros. Preferiblemente realizarase o trámite de xeito telemático; no caso de presentar a solicitude no colexio é IMPRESCINDIBLE solicitar CITA PREVIA no teléfono 886 11 02 71.

No caso do alumnado de 6º de EP que vaia presentar a solicitude de xeito presencial, deberá facelo no instituto no que foron admitidos.

 

Enlace para realizar a xestión telematicamente: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Resumo da Orde do 6 de maio que regula o  proceso (premer aquí)

Orde do 6 de maio que regular o proceso (premer aquí)

No caso da presentación no colexio, é necesario cubrir o "Anexo I e II" (premer aquí)

Anexo I e II: modelo cuberto a modo de exemplo (premer aquí)

PORTAS ABERTAS MEDIANTE VIDEOCONFERENCIA

Coa fin de abrir as portas ás novas familias, nun formato diferente e en horario distinto ás citas presenciais, organizamos unha videoconferencia a través da plataforma Cisco Webex.

A videoconferencia terá lugar o mércores 17 á 19.30 h e terá unha duración máxima de unha hora e media.

O enlace á videoconferencia é o seguinte: https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m4eca5ec525343669f7b51447f656486d

Para acceder desde un móbil ou tablet haberá que descargar a aplicación Cisco Webex Meetings. Desde un ordenador bastará empregar a opción "unirse a través do navegador". O seguinte paso será introducir un nome e un enderezo electrónico. Unha vez dentro premer no botón verde "Unirse á reunión".

Non debera pedir ningún outro dato de acceso. No caso de que os pida estes serían os datos:

Número de reunión:121 727 0766

Contrasinal: TIRAN

Agardamos servirlles de axuda.

PORTAS ABERTAS

Uso da Internet

Hoxe daremos información sobre un uso saudable da Internet

Tamén podedes ver o vídeo relacionado

Uso da Internet

Hoxe daremos información sobre un uso saudable da Internet

Tamén podedes ver o vídeo relacionado

Duelo

Aquí podedes ver algunha información que pode axudar no caso de que haxa falecemento ou enfermidade terminal nalgún dos proxenitores.

Distribuir contido


by Dr. Radut