Skip to Content

O PENEDO DO CEIP TIRÁN

 

O noso colexio está ubicado na parroquia de Tirán, que pertenece a Moaña.

Temos un pequeno tesouro no noso xardín, a rocha do CEIP Tirán. Esta maravilla está dentro do noso recinto e podemos disfrutar dela cada día. Forma parte do noso logo, aparecendo nos letreiros do colexio e nesta páxina web.

Este ano fixemos un concurso no que os alumnos/as tiveron que dibuxar a súa versión da pedra, que nos recibe e despide cada día, ademais de coidar do colexio cando non estamos. As obras ganadoras do concurso aparecerán na revista escolar deste fin de curso, como portada e contraportada.

Os nenos/as vense atraídos por ela. Din algúns que ten moito, moito tempo, e que contén arte rupestre acollido entre as fendiduras... ¿Será verdade?....

 



page | by Dr. Radut