Skip to Content

Distintivo de calidade "Selo de vida saudable"

Estamos de noraboa!!

O noso centro acaba de ser recoñecido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional co distintivo de calidade "Selo vida saudable", segundo a resolución do 30 de xuño da Secretaría de Estado de Educación publicada no BOE do día 9 de xullo do 2020.

Este distintivo de calidade conleva o recoñecemento público do compromiso dos centros docentes que fomentan a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, a asunción de prácticas de vida sudable e unha educación física que permita o axeitado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización do alumnado.

                                          Selo vida saudable

Libros de texto 2020/2021

Publicación dos libros de texto para o vindeiro curso escolar 2020/2021:

*1º de Educación Primaria: NON USARÁ LIBROS DE TEXTO

*2º de Educación Primaria (premer aquí)

*3º de Educación Primaria (premer aquí)

*4º de Educación Primaria (premer aquí)

*5º de Educación Primaria (premer aquí)

*6º de Educación Primaria (premer aquí)

 

Resumo dos libros empregados por cursos (premer aquí)

Período de adaptación

Período de adaptación para o alumnado que entra no colexio o vindeiro ano académico 2020-2021 no curso 4º de Educación Infantil (3 anos).

Este horario estará condicionado por calquera instrución publicada pola Xunta de Galicia.

Horario (prema aquí)

Formalización da matrícula

O prazo para a formalización da matrícula é do 1 ao 10 de xullo e é obrigatorio este proceso para o alumnado de nova incorporación ao centro educativo.

Documentación a entregar:

  • Anexo III (prema aquí)
  • 2 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinas ou informe médico que indique que están ao día
  • Fotocopia dos documentos de identidade das persoas proxenitoras e do alumnado, no caso de que o teña
  • Se é o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador da custodia da ou do menor

Xunto cos documentos fotocopiados deben vir os orixinais para que poidan ser cotexados.

Cando comprar o primeiro móbil

Hoxe poñémosvos unhas recomendacións do grupo érguete sobre o momento ideal para que o alumnado teña o seu primeiro móbil.

Agardamos que vos sirva de axuda.

REUNIÓN INFORMATIVA IES

Tras ter a reunión dos Departamentos de Orientación do noso centro e do IES Plurilingüe A Paralaia, queremos informarvos que a reunión informativa para as familias do alumnado que pasa ao IES, que adoita ser no mes de xuño, este ano celebrarase en setembro, agardando ás instrucións da Consellería sobre como será o desenvolvemento do curso 2020-21.

Para calquera información estamos á vosa disposición.

Para máis información sobre as optativas, podedes ver o pdf do IES.

TEMPO DE PANTALLAS

Compartimos con vós unha pequena infografía do tempo invertido en pantallas.

Dicionario TIC

Adxuntamos un dicionario con termos relacionados coas novas tecnoloxías por se vos pode servir de axuda.

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros

Dende hoxe e ata o 19 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas de libros, axudas de material escolar e fondolibros. Preferiblemente realizarase o trámite de xeito telemático; no caso de presentar a solicitude no colexio é IMPRESCINDIBLE solicitar CITA PREVIA no teléfono 886 11 02 71.

No caso do alumnado de 6º de EP que vaia presentar a solicitude de xeito presencial, deberá facelo no instituto no que foron admitidos.

 

Enlace para realizar a xestión telematicamente: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Resumo da Orde do 12 de maio que regula o  proceso (premer aquí)

Orde do 12 de maio que regular o proceso (premer aquí)

No caso da presentación no colexio, é necesario cubrir o "Anexo I e II" (premer aquí)

Anexo I e II: modelo cuberto a modo de exemplo (premer aquí)

Letras Galegas 2020

Este ano dedicámoslle o Día das Letras Galegas a D. Ricardo Carvalho Calero. A nosa alumna Lucía elaborou un vídeo coa súa biografía. Esperamos que vos guste!

 

Fixemos tamén un certame de adiviñas online, deixámosvos o enlace por se queredes animarvos a adiviñar.

 

Feliz día das Letras!

Distribuir contido


by Dr. Radut