O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

QUE É?

O Departamento de Orientación é un servizo gratuito que se oferta desde o centro para asesorar e informar a pais, mestres e ao propio alumnado sobre todos aqueles aspectos que poidan repercutir na mellora do rendemento académico dos nosos alumnos.

 

PARA QUE SERVE?

Para aportar información e valorar as necesidades a nivel de estudo, comportamento, rendemento académico, personalidade, adaptación, problemas familiares, hiperactividade, dificultades de pronunciación, dificultades auditivas etc.

O departamento ten recursos para facer valoracións iniciais do alumnado e, no caso de que se considere necesaria a intervención doutros especialistas (psicólogos, neurólogos, psiquiatras, asistentes sociais ...) é o responsable de comunicarllo ás familias para que acudan a ditos servicios.

É o encargado de tramitar todas aquelas actuacións que sen ser estrictamente académicas poidan incidir no desenvolvemento do neno, sendo o nexo de unión entre o centro e os servizos médicos, cos xulgados ou cos servizos de asistencia social.

 

QUEN O FORMA?

-Orientadora: Profesional con formación en Psicopedagoxía.

-Mestra de Pedagoxía Terapéutica (PT): Formada para atender aspectos relativos á mellora da lectura e escritura, aprendizaxe de estratexias básicas, realización de apoios ...

-Mestra de Audición e Linguaxe (AL): Especialista nos temas da fala, emisión de son, problemas auditivos e todo o relacionado coa logopedia e a competencia comunicativa. Este ano a mestra de AL estará no noso centro os luns e os mércores, dado que a comparte connosco o CEIP de Abelendo.

O normal é que PT e AL traballen de maneira individual ou en pequeno grupo dado que son un recurso extraordinario. O seu traballo tamén pode ser realizado dentro da aula da titoría ou nas aulas de PT ou AL, dependendo de varios aspectos: dos contidos que se vaian traballar, das caracterísiticas do alumnado, da organización do horario...

As familias do alumnado que necesite traballar con algún destes especialistas, sempre será informada previamente.

 

COMUNICACIÓN

A forma de solicitar unha entrevista coa orientadora máis habitual é a través dos titores. Tamén por teléfono, e-mail ou a través da Secretaría do centro.

Os motivos da reunión deben referirse ás funcións propias do departamento.

A reunión realizarase preferiblemente xunto co titor.

O horario é os luns, mércores e venres de 9:30 a 14:30.

Atenderesa previa cita.

Este horario pódese ver afectado por algún cambio.

 

DOCUMENTACIÓN

Para aportar documentación importante, referente aos seus fillos, deberán cubrir o seguinte formulario, que tamén se atopa na secretaría do centro, e aportalo, xunto coa documentación correspondente, ou á orientadora ou na secretaría do centro.

Se o que necesitan é solicitar un informe ou documentación, deberán solicitalo co seguinte formulario ou á orientadora do centro ou á secretaria.