Skip to Content

Histórico centro

CLUB DE LECTURA CON ÁNXELA LOUREIRO

O venres 4 de xuño as alumnas e alumnos de cuarto de Primaria participamos dun club de lectura con Ánxela Loureiro. Trátase da autora de, entre outros libros, o que leva por título "Choiva de ras". Desfrutamos moito coa súa lectura e máis aínda coa posibilidade de compartir con ela este momento.

Resultounos emocionante descubrir como foi a creación do relato baseado na aventura levada a cabo por RaMona e moi interesante saber cales foron as fontes inspiradoras da autora.

Non deixedes de ler esta trepidante aventura.

 

Os catro defensores do planeta

Chegamos á recta final deste curso e consigo ao do proxecto Planeta San. Ao longo destes dous anos aprendemos unha  morea de cousas sobre a importancia e o coidado do noso entorno. Por iso, os alumnos e alumnas de 5º de E.P.  quérenvos pór a proba, a ver canto aprendestes neste tempo.

Aquí vos prensentan aos Catro defensores do planeta, que vos irán realizando unha serie de preguntas e amosando curiosidades sobre o noso planeta. Se completades o voso percorrido e chegades ata o final, conseguiredes unha recompensa!

Canto sabedes sobre o coidado do noso planeta?

PALABRAS CON MEMORIA

Recomendacións verán 2021

Remata o curso e para este tempo de verán queremos recomendarvos unhas lecturas moi refrescantes. Aí van

E PARA LER, QUE?

IMOS AO COLE

ESTE ANO POR MOR DA PANDEMIA, NON PUIDEMOS TER A XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE SE INCORPOR AO COLE.

PARA QUE NOS VAIADES COÑECENDO UN POUCO, MIRADE A CONTINUACIÓN (CLIC NA IMAXE)

VÉMONOS EN SETEMBRO!!

 

 

imos ao cole

Delgado Gurriarán será o homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2022

O poeta Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903-Fair Oaks, EUA, 1987) será o homenaxeado co Día das Letras Galegas 2022. Así o decidiu o Plenario da Real Academia Galega reunido o 2 de xullo pasado, que elixía entre a candidatura do valdeorrés, de Fiz Vergara Vilariño (Samos, 1952-Lugo, 1997) e a conxunta de Ánxel Casal e de Federico García Lorca.

Florencio Delgado  Gurriarán

PROTOCOLO COVID-19 PARA O CURSO 2021/22

Este é o protocolo para o actual curso 2021/22. Algúns puntos aínda están pendentes de determinar e serán incorporados ó protocolo cando estean claros. Se hai novas modificacións por parte da Xunta, este protocolo será revisado. 

Así mesmo, incluímos o Plan de continxencia e o Plan de acollida. 

PROTOCOLO COVID-19, CURSO 2021/22

PLAN DE ACOLLIDA

PLAN DE CONTINXENCIA

HORARIOS ESPELLO

PROTOCOLO

PLAN ACOLLIDA



by Dr. Radut