1º e 2º.

Día da muller e a nena na ciencia

Este mes de febreiro celebramos no cole o día internacional da muller e a nena na ciencia. O alumnado de 1º e 2º de Primaria tivemos o gusto de charlar con Rosario Domínguez Petit "Mima" (nai de Hugo de 3º de Primaria) que traballa no Centro oceanográfico de Vigo co obxectivo de reflexionar sobre a escasa presenza das mulleres en carreiras STEM e coñecer de primeira man o traballo dunha científica no seu día a día. Mima fixonos unha introducción sobre científicas famosas ao longo da historia, contounos detalles e anécdotas relacionadas co seu traballo e a súa traxectoria profesional e respondeu as nosas preguntas con gran amabilidade e paciencia.

Mil grazas polo teu tempo Mima!!

Aproveitamos esta entrada para facernos eco da campaña "No more matildas" da  Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas que busca denunciar as consecuencias do Efecto Matilda.

FIN DE CURSO!

Queridas familias;

Xa chegou o final deste curso.

Como titoras agradecervos a vosa implicación na aprendizaxe dos vosos fill@s.

Foi un pracer poder acompañar a este grupo de nenas e nenos tan 

marabilloso durante estes dous anos de aprendizaxe e decubrimento.

Que teñades un bo verán!

Unha aperta e un bico enorme das titoras de 2º!

 

Eva e Marta

 

 

 

 

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 

O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente,

co obxectivo de sensibilizar á poboación mundial en relación a temas ambientais,

intensificando ademais a acción política.

 

O Día Mundial do Medio Ambiente require un esforzo global.

Por tanto, os esforzos céntranse en motivar ás persoas e comunidades para que se

convertan en axentes activosdo desenvolvemento sustentable

e no cambio de actitude cara a temas ambientais.

E por iso, convídase á xente para pensar na forma na que consomen.

Ás empresas para desenvolver modelos máis ecolóxicos.

Aos gobernos para protexer as zonas salvaxes.

Aos profesores, a educar en valores naturais.

Aos mozos para alzar a voz polo futuro do planeta.

Require de todos nós.

 

CLICA NA IMAXE PARA OBTER

     MÁIS INFORMACIÓN        

 

Propoñémosvos que entredes no caderno verde

para  poder realizar unha serie de actividades en liña e descargables

sobre boas prácticas medioambientais.

 

    

CLICA NA IMAXE

 

Un saúdo e moito ánimo !

As titoras de 2º.

PROPOSTA PARA AS SEMANAS (1-19 de XUÑO)

Queridas familias! 

Durante as tres semanas que quedan de curso propoñémosvos

que as vosas fillas e fillos vaian completando os cadernos de matemáticas,

ortografía e lectura que recollestes a semana pasada.

 

 

Tamén é importante que rematen de ler os dous libros  de lectura e

fagan a ficha de comprensión lectora de cada un deles. 

 

 

Comprendemos que nesta fase son moitas as familias

que retomaron os seus traballos e por tanto poderedes adaptar

a realización das tarefas á vosa situación persoal.

 

Para calquera dúbida ou corrección tédesnos dispoñibles

tanto por correo como por WhatsApp.

 

 

Non vos esquezades das diferentes actividades 

que tamén vos propoñen os profes especialistas.

 

Un saúdo e moito ánimo!

 

As titoras de 2º

 

 

 

Distribuir contido