Novas

PALABRAS CON MEMORIA

Xa logo hai dous anos que desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega nos propuxemos darlle unha nova oportunidade a aquelas palabras ou expresións que non hai moito tempo estaban nas conversas cotiás das nosas avoas e avós. Entre todas e todos fixemos moita memoria e atopamos unha boa selección de palabras que xa fomos deixando de escoitar.

Decidimos acompañalas do seu significado así como dunha ilustración que nos achegara ao seu coñecemento.

Dende xa, temos un fermoso dicionario de Palabras con Memoria que estará á disposición de todas e todos na nosa biblioteca. Tamén quixemos poñela á disposición na nosa páxina web en formato dixitalizado.

Si premedes na seguinte imaxe podedes acceder a ela. Agardamos que desfrutedes.