Semana do libro

Hoxe luns 26 de abril, presentamos os dous últimos contos deste mes. Nesta ocasión, Eva contounos "O incrible neno devorador de libros" e Miriam contou "¿Por qué no floreces?".

Moitísimas grazas a todos/as polas vosas contadas e esperamos que gocedes un montón con todas as aventuras!

 

Semana do libro

23 DE ABRIL 

Hoxe celébrase o Día do libro e presentamos dous contos máis: "Pete the cat" por Marina e "Vacío" que nos conta Carlota.

Pasade bo día de contos e aventuras!!

 

Semana do libro

Hoxe, xoves 22 de abril é o día da Terrra e propoñémosvos os contos de Nano "A terra acatorrouse", Marta e Bea "Unha árbore" e Guillerme "Non te amola". Esperamos que gocedes moito con eles. 

 

 

Semana do libro.

Para o mércores desta semana lectora, Yolanda e Tamara, María e Alicia contan máis contos. Mirade, mirade...

 

 

Semana do libro

Hoxe martes, deixámosvos tres contos contados por Noelia, Eva e José Luis e Belén. 

 

Semana do libro

EN ABRIL, LIBROS MIL

O 23 de abril celebramos o día do libro e por iso, esta semana ímola adicar ós contos. Cada día poderedes ver un ou máis vídeos de profes do cole contando historias e aventuras para tod@s.  Grazas a tod@s por participar e gozade moito deles!!!

 

Diagnose e seguimento da convivencia escolar

Estimada familia:

No marco da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal, realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

Agora é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e que terá unha periodicidade bianual.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.

As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa por cada centro no que teña matriculado algún fillo ou filla, independentemente do número de nenos e nenas que cursen estudos no mesmo centro.

O alumnado leva unha nota informativa co seu código de acceso á recollida de datos sobre convivencia escolar.

A súa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que lle solicitamos que responda con responsabilidade.

NOTA: Na seguinte ligazón pódese acceder ao formulario para a recollida de datos: https://edu.xunta.gal/convfamil

Para garantir a seguridade do proceso a aplicación utiliza un certificado de seguridade da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre que pode non ser recoñecido por todos os navegadores. Se recibe unha mensaxe de alerta non se preocupe. Pode confiar plenamente na seguridade da páxina.

 

Deixamos un adxunto con indicacións sobre a enquisa

LISTA DE ADMITIDOS CURSO 2021-22

LISTA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2021-22

 

Todo o alumnado que fixo a reserva de matrícula para o vindeiro curso 2021-22  neste centro para 4º de infantil, 5º de infantil e 1º de primaria, están admitidos/as.

 

O prazo de formalización de matrícula é do 20 ó 30 de xuño. 

Distribuir contido