Skip to Content

Educación Física.

FESTA DA BICICLETA. 17 DE MAIO

Cross escolar, Sta Mariña de Vincios

Bono deporte

CROSS ESCOLAR EN FIN DE SEMANA. CONCELLO DE BAIONA

O domingo, 3 de decembro de 2.023, haberá una cross escolar e solidario organizado polo concello de Baiona.

Déixovos toda a información en dous documentos adxuntos.

Saúdos e animádevos a participar.

Cross en horario escolar. Mes de novembro. Horarios

Xa temos data para o cross en horario escolar.
Será para o alumnado de 2º a 6º de EP.
Farase na Praia da Ladeira o martes 14 de novembro.
Dèixovos os horarios aproximados:

Resultados. Realizarase unha clasificación individual segundo a orde de entrada en meta e outra por equipos en cada unha das categorías. Para a clasificación por equipos terase en conta os/as catro primeiros/as atletas que cheguen á meta de cada entidade (catro homes e catro mulleres), e sumaranse os postos destes catro, sendo a entidade que menos sume (tendo en conta os resultados masculinos e femininos) a vencedora da proba. En caso de empate resultará vencedor o equipo que teña o mellor posto individual. Os equipos corresponderanse co grupo/aula do centro educativo.

Premios. Entregaranse medallas ao rematar cada carreira aos 3 primeiros/as clasificados/as individuais de cada categoría e diplomas para os/as clasificados/as do 4o ao 8o posto.

O máis importante é participar e divertirse. Este tipo de probas hai que tomalas como un reto persoal, que nos leva en ocasións a momentos incómodos de fatiga e cansancio. Si somos capaces de vencer, fainos máis fortes a nivel físico e mental.

ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO

Información do Concello sobre as escolas deportivas para este curso 2023/24. Clicade no enlace para acceder á información. 

 

https://concellodegondomar.gal/o-concello-de-gondomar-presenta-as-suas-e...

 

 Actividades concello de Baiona:

https://www.facebook.com/photo/?fbid=812210150695309&set=pcb.812210164028641

 

Actividades concello de Nigrán:

https://www.nigran.es/es/actividades-deportivas-e-culturais-2023-24/

 

Horario das clases de Educación Física e normas de hixiene.

       LUNS    MARTES             MÉRCORES         XOVES            VENRES    
6ºA 6ºB 6ºA
2ºB 2ºA 6ºB
2ºB 2ºA
       

Os días que teñades E.Física deberedes traer unha camiseta para cambiarvos cando remate a clase. A parte, os que queiran, poden traer unha toaia pequena para secarvos a suor ou por se vos lavades no lavabo.

Tamén deberedes traer unha botella de auga pequena.

É importante que traiades a roupa marcada, sobre todo as suadeiras e cazadoras.

Las mejores etiquetas para marcar el material escolar y la ropa de tus hijos

 https://concellodegondomar.gal/o-concello-de-gondomar-presenta-as-suas-e...

Comezo do curso 2023-24

Iniciamos este curso con moita ilusión. Vai a ser un curso activo, cheo de experiencias novas que nos farán mellorar como seres humanos.

 

Imágenes Relacionadas Con La Educación Física

Sabedes que estamos programados para movernos. Os nosos corpos son máquinas de precisión que nos ofrecen a posibilidade de facer distintos tipos de movementos. Imos experimentalos todos.

 

El aparato locomotor y el esqueleto del hombre - eurorecetas.com

É preciso que coidemos o noso corpo polo que temos que ser moi coidadosos co que comemos. A COMIDA REAL, a que atopamos directamente na natureza é a que nos vai a aportar máis e mellores nutrientes. Temos que deixar de lado os ultraprocesados (alimentos sometidos a procesos industriais).

 

Resultado de imagen de imagenes comida real

 

Temos que evitar o sedentarismo, o pasar tempo sentados, sen movernos. Temos un entorno fantástico que nos permite facer un montón de actividades diferentes (bicicleta, surf, caminatas, carreiras, saltos, bailes, ...).Calquera opción é boa. O ideal sería facer algunha actividade motriz fóra do horario lectivo, esto fará que ademáis de facer exercicio, socialicemos con outros compañeiros. Somos seres sociais por natureza e temos que tratar de facer actividades grupais onde teñamos retos compartidos que nos farán máis solidarios e comprensivos cos demáis.

 

Para calquera consulta podedes empregar o seguinte correo electrónico:

educacionfisicadonas@gmail.com

A través desta páxina web irei informando de actividades que fagamos no centro e as que podedes facer na vosa contorna.

Unha aperta e feliz curso a todos/as.

Nano.

Distribuir contido


by Dr. Radut