Skip to Content

ANPA

CAMPAMENTO DE VERÁN

Ola familias! Por terceiro ano consecutivo organizamos o campamento de verán no Centro Cultural de Donas. 

Do 24 de xuño ata o 31 de xullo (posibilidade de agosto). Horario de 9 a 14 horas. Aberto a todos peques tendo prioridade o alumnado do CEIP Souto-Donas. 

As tarifas son:

 

Mes 145€ 

Quincena 95€

Semana 60€

10% de desconto irmáns.

 

Inscripcións abertas dende o 1 de xuño ata o 15 de xuño a través do correo info@matracala.es

 

 

 

INFORMACIÓN ANPA

IMPORTANTE

 

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO E CONTA.

 

O novo número de teléfono da Anpa é o 613002358. Gradadeo na axenda para poder recibir as mensaxes que vos enviamos o longo do curso.

Tamén temos nova conta corrente, polo que vos pedimos que non fagades ningún ingreso na anterior. Cando vos deades de alta como socios xa vos indicaremos o novo número. 

Grazas a tod@s!

Campamento verán

A Anpa en colaboración ca Asociación de Veciños e Matrácala organizan o campamento de verán no Centro Cultural de Donas. As inscripcións son ata o 12 de xuño. Está aberto a todolos nen@s.

Nos adxuntos tedes a información e a ficha de inscrición.

 INFORMACIÓN CAMPAMENTO

FICHA INSCRICIÓN

Campamento de nadal

Información do campamento de nadal organizado pola ANPA. 

CLICA AQUÍ

ANPA

Estimadas familias:

 

A dirección da ANPA do CEIP Plurilingüe Souto Donas querémosvos dar a benvida neste curso escolar 2022-2023. Estes son os membros da ANPA:

Presidente: Xesús Míguez Clemente

Vicepresidenta: Samanta Torre Diego

Secretaria: Mónica Ramilo Méndez

Tesoureira: Leticia Arias Caride

Vogais: Ana Rouco Gonda, Andrea Estévez Glez., Eva Vázquez Dorado e Noelia Piñeiro Vázquez

Como sabedes, o curso pasado foi o noso primeiro ano como equipo. Para nós o balance foi positivo, pero sempre se pode mellorar. Aquí vai un resumo das actividades feitas e das propostas para o curso que entra:

Dende a ANPA intentamos, dentro das nosas posibilidades , mellorar os servizos e as instalacións do centro para tódolos peques do cole. O curso pasado retomamos a organización de Actividades Extraescolares e seguimos coa xestión da Aula Madruga.

Outras actividades que realizamos foi a entrega de regalos a cada clase no Nadal por parte do Apalpador, a colaboración na chocolatada, a entrega de orellas no Entriodo e de xeados  na festa de Fin de Curso, así como a contratación da empresa Ludiland para levar a cabo esta festa. Así  mesmo, a ANPA fixo unha aportación económica para a excursión de 6º

Tamén se fixeron varias aportacións para, da man do Equipo Directivo e o claustro, mellorar as instalación e o equipamento do cole. Algún exemplos son:

As novas mesas exteriores de madeira

A caseta exterior para a Blibioteca

As novas camisetas de deporte

 

Para este curso que comeza, xa sen as restriccións sanitarias dos tempos da pandemia,  intentaremos celebrar ás festa de Nadal e Fin de curso como se viña facendo anteriormente para o disfrute de toda a Comunidade Educativa.

Ademáis, este ano mantemos a maioría Actividades Extraescolares e facemos alguna proposta nova. Tamén ofertamos un servicio de ludoteca polas tardes para colaborar coa conciliación familiar.

 

Para poder levar a cabo todas estas actividades e outras, consideramos necesaria unha maior implicación por parte das familias, tanto á hora de botar unha man nas propostas da ANPA (xa sabemos que sacar tempo para axudar non sempre resulta doado, pero merece a pena intentalo!) como na aportación económica. É por isto polo que decidimos  que a cota será de 20€ anuais por familia.

 

 O curso pasado o 57% das familias eran socias da ANPA  e agardamos que ese número siga aumentando este curso. Non esquezades que todas as acción da ANPA son en beneficio de todo o alumnado do centro.

 

                A comunicación da ANPA ca dirección do centro é moi fluída e positiva polo que calquera inquedanza, idea ou suxestión que teñades transmitiremola  sen problema. Estaremos moi agradecidos de que vos poñades en contacto con nós a través dos seguintes medios:

 

No buzón da ANPA que se atopa na entrada principal do centro.

 

Correo electrónico: anpasoutodonas@gmail.com

Facebook: ANPA DONAS

                Para rematar, agradecer a tódalas familias socias que ano tras ano confían na labor da ANPA e  convidar ás que aínda non o son, e ás que inician este ano a súa andaina no colexio.

Feliz Curso 22-23!                                                                                                                                           ANPA SOUTO DONAS

 

Exemplos en imaxes do realizado o curso pasado:

 

 

NO ADXUNTO ESTÁ A FICHA DE INSCRICIÓN PARA SER SOCIOS DA ANPA

NOTA DE BENVIDA, CURSO 21-22

Estimadas familias: A Nova Dirección do ANPA do CEIP Plurilingüe Souto Donas querémosvos dar a benvida neste curso escolar 2021-2022. O primeiro, presentarnos:

• Presidente: Xesús Míguez Clemente

• Vicepresidenta: Samanta Torre Diego

• Secretaria: Mónica Ramilo Méndez

• Tesoureira: Leticia Arias Caride

• Vocais: Eva Vázquez Dorado Ana Rouco Gonda Noelia Piñeiro Vázquez

 

Ante todo e sendo conscientes do traballo que supón, dende esta nova ANPA, queremos dar as GRAZAS polo labor realizado e por estes anos de entrega desinteresada da Directiva da ANPA anterior. Como Directiva aceptamos o reto de comezar dende cero e partimos nesta aventura moi ilusionados e con desexos de seguir mellorando, así como con novos retos para alcanzar unha mellor EDUCACIÓN PARA TODOS E TODAS. Debemos ser conscientes de que as familias somos un membro máis da comunidade educativa, xunto cos propios alumnos e profesores e por este motivo, animámosvos a participar e colaborar facéndovos socios do ANPA, recalcando a importancia desta acción, xa que como asociación sen ánimo de lucro, a nosa principal fonte de ingresos é a cuota de socios e temos moi claro que cantas máis familias sexamos e maior sexa a participación, máis obxectivos poderemos conseguir. Xuntos podemos lograr moitas cousas para os nosos fillos e fillas: un claro exemplo deste traballo foi a renovación do patio coa colocación dos tipis, a parede musical ou a recente aportación económica para a posta do céspede artificial entre outros; a organización e celebración das festas tradicionais e a adquisición de novo material educativo. Unha das intencións deste curso é voltar a ofertar as actividades extraescolares das cales vos iremos informando, xestionar a aula madruga e renovar o carné de desconto para socios en establecementos adheridos do Val Miñor. Entre outras moitas funcións, parécenos fundamental establecer unha comunicación positiva entre familias e colexio, e como mediadores convidámosvos a aportar ideas, suxestións e inquedanzas.

Estaremos moi agradecidos de que vos poñades en contacto con nos a través dos seguintes medios:

✔ No buzón que se atopa na entrada principal do centro

✔ Teléfono: 675 948 901

✔ E-mail: anpasoutodonas@gmail.com

✔ Facebook: ANPA DONAS Para rematar, agradecer a todas as familias socias que ano tras ano confían no labor da ANPA e convidar ás que aínda non o son, e ás que inician este ano a súa andaina no colexio a formar parte desta gran familia.

E ti, a que esperas para ser socio?

AFÍLIATE!

PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER Á CARTA DA ANPA

 

PARA SER SOCIOS, AQUÍ PODEDES DESCARGAR A FICHA DE INSCRIPCIÓN. PINCHA NO ENLACE

SOCIOS/AS

 

CHARLAS PARA FAMILIAS ORGANIZADAS POR FAVALMI.

Durante o mes de abril, dentro do proxecto " Escola de nais e pais", realizaránse varias charlas on line en colaboración coa Federación de Anpas do Valmiñor

(FAVALMI).

* Mércores 14 de abril 2021 19h, DISLEXIA e LATERALIDAD CRUZADA.

* Mércores 21 de abril 2021 19h, TDAH.

* Mércores 28 de abril 2021 19h, AUTISMO E ASPERGER.

 

Tentaremos ir facendo aquelas charlas que teñan interese para as familias. Se tedes algunha proposta agradeceríamos que a fagades chegar ó noso mail:

anpasoutodonas@gmail.com.

Para participar nas charlas é imprecindible anotarse enviando un mail a:

favalmi@gmail.com para enviarvos o enlace. A proposta vai dirixida a toda a comunidade educativa ( familias, educadores, mestres,¿).

Grazas pola vosa colaboración e recibide un cordial saúdo.

 

A Directiva da ANPA.

Nota de benvida

                                                                  anpasoutodonas@gmail.com

                                                                        Teléfono 675 948 901

 

¡Dámosvos a benvida a un novo e diferente curso escolar!

Queremos compartir convosco esta nova e diferente andaina e contarvos como vai ser este curso 2020/21.

Para adquirir a condición de socio do Anpa requírese ser pai, nai ou titor dos alumnos que cursen os seus estudos no C.E.I.P Souto-Donas, aceptar os seus estatutos e abonar a súa cuota. Esta condición perderáse por algunha das seguintes causas: libre vontade do asociado, falta de pagamento das cuotas, incumprimento dos Estatutos ou baixa dos fillos no Centro.

Tradicionalmente, as comunicacións do Anpa transmitíanse aos socios mediante notas a través dos alumnos. Desde o curso pasado o Anpa comprobou a fiabilidade da lista de difusión para evitar a desinformación dos pais.

A lista de difusión do Anpa resulta útil para comunicar algo a moitas persoas á vez.

Para iso solicitamos un número de teléfono con whastapp e, á súa vez, os integrantes da lista deberán memorizar o número 675.94.89.01 nos seus contactos do móbil .

Cando se envíe unha mensaxe a esta lista, recibirédelo todos os contactos por igual pero coma se fose individual. SÓ os socios do Anpa que abonen a cuota

correspondente poden pertencer á lista de difusión. SÓ os socios que teñan o número de teléfono gardado na súa lista de contactos recibirán as mensaxes de difusión.

Debido a excepcional situación sanitaria que vivimos e seguindo o Protocolo

establecido pola Xunta, lamentamos comunicarvos que este curso non haberá

actividades extraescolares e tampouco participaremos na xestión do contrato coa

empresa que organiza o aula matinal.

Sen embargo temos unha nova!!!: faremos entrega dun carné de socio co que teredes interesantes descontos en diferentes establecimientos de Gondomar dos que seredes debidamente informados.

Agradecemos a vosa colaboración e quedamos á vosa disposición.

 

DIRECTIVA ANPA SOUTO DONAS

Ficha de socio 2020

Podedes descargar en adxunto a ficha de socio/a.

USO DO CARNET DE SOCIO E EMPRESAS COLABORADORAS.CURSO 2020-21

Información en dous documentos adxuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut