Informacións do concello

GONDOILUSIÓN

CONCELLO DE GONDOMAR

O ano 2020 achégase ao seu final coa incerteza da pandemia aínda sobre nós. Dende o Concello de Gondomar seguimos traballando para que as nosas vidas e a nosa veciñanza se adapten da mellor maneira a “esta nova normalidade” coas menores repercusións  posibles para eles e as súas familias.

Achégase o Nadal e non queremos esquecernos das familias  en situación de vulnerabilidade e de exclusión social, especialmente dos pequenos e pequenas do noso municipio que demostraron unha gran responsabilidade, valentía e eroísmo nestes meses, dándonos unha lección a todos e a todas.

A Concellería de Benestar Social do Concello de Gondomar dirixida pola concelleira Nuria Lameiro Valverde, poñerá en marcha a campaña “Gondoilusión, ningún neno e nena sen agasallo” coa que queremos garantir que neste Nadal a ilusión  chegue a todos os fogares.

En colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar apelamos á solidariedade dos nosos veciños e veciñas para que acheguen a cantidade que consideren necesaria e crear un fondo que permita comprar agasallos para os menores de 16 anos daquelas familias en situacións máis desfavorecidas, agasallos que se adquirirán no comercio local do noso municipio, axudando deste xeito  a este sector.

Confiamos na vosa axuda para dar difusión a esta iniciativa porque non podemos deixar que ningún pequeno ou pequena perda a ilusión e a maxia nestas datas tan especiais, máis neste ano 2020.

Calquera dúbida ou información que poidades ter,  podedes chamar ao teléfono 986384473 ou dirixirvos ao correo educadorafamiliar@concellodegondomar.gal

COMO PARTICIPAR:

 Ingresar na conta de ABANCA ES53 2080 5035 0230 4000 9345 coa referencia “GONDOILUSIÓN” a cantidade de diñeiro coa que se queira contribuír á campaña dende o día 16 de Novembro ata o 13 de Decembro.

Distribuir contido