Skip to Content

Histórico centro

ACTIVIDADES PARA FACER DURANTE ESTES DÍAS DE SUSPENSIÓN DAS CLASES

Querido alumnado:

 

 

 

Nestes días en que toca estar na casa, debedes de facer algún tipo de actividade física. Esto mellorará a vosa saúde e vos axudará a levar mellor o non poder saír da casa.

 

Tedes que botar man do inxenio e darlle uso a esos enseres que todos temos na casa para inventarvos xogos ou exercicios que vos resulten divertidos.

Estoume pondo no peor dos casos, que non teñades nin compañía de irmáns, nin finca. Se tedes esa sorte tédelo moito máis fácil.

 

Se sabedes dalgún compi que non teña INTERNET na casa e lle queredes facer estas recomendacións e suxerencias sería fantástico.

 

 

 

 

Por exemplo: Que podemos facer cunha escoba?

Non só barrer, podemos utilizala:

  • Para pola no chan e facer saltos laterais a un lado e outro. Dez a cada lado e repetilo 3 veces.

  • Poder ser forzudos/as e coas pernas abertas collela dende o chan e lavantala estirando os brazos por riba da cabeza.

  • Podemos pola detrás da cabeza estando de pé, e facer xiros a un lado e outro.

  • Podemos xogar con ela facendo exercicios de equilibrio. A podemos por sobre a palma da man, enriba dun pé,...

  • A deixamos de pé coas mans enriba. A soltamos, damos tres palmadas e a collemos antes de que caia ao chan.

  • Podemos pola sobre os pés e camiñar se que se nos caia.

  • Podemos pola sobre a nosa espalda estando encorvados e camiñar sen que caia ao chan

  • Podemos facer que somos cantantes e utilizala como micrófono.

  • Tamén por música marchosa e facer que somos guitarristas.

  • Ahora tócache a ti buscarlle outras aplicacións e xa de paso botas unha man na casa e fas unha barridiña.

 

 

 

EXERCICIOS PAR FACER CUNHA BOTELLA DE PLÁSTICO

 

Imos pasalo ben durante un ratiño cunha botella de plástico.

 

  • Pómola no chan co tapón desenroscado enriba dela dado a volta do revés. Golpeamos a botella coa man e tratamos de coller o tapón antes de que caia ao chan.

  • Tamen podemos tirala para que dea unha volta completa no aire e collela polo pescozo antes de que caia ao chan. (Malabares). Se o consigues con dúas voltas no aire eres un/unha crack.

  • Agora imos dar unha volta polo pasillo coa botella enriba da cabeza sen que se nos caia.

  • Se tes máis de unha podes por unha na cabeza e outra nunha man.

  • O xogo de tirala ao aire para que caia de pé no chan xa o sabes. Ten que estar medio chea.

  • Facemos puntería. Pómola no chan ou enriba dunha silla e tratamos de tirarla cunha bola feita con papel de desfeito. Proba a tapar un ollo. Resulta máis complicado?

  • Tumbámonos no chan boca arriba e estirados. Pómola entre os pés. Estirando ben as pernas, tratamos de levala ata as mans. Veña! Esa flexibilidade e esos abdominais, que non se diga. Repíteo 10 veces.

  • Se lle atas unha corda ao pescozo da botella e a fas xirar polo chan agarrando a corda cunha man, podes saltar sobre ela. Como o xogo que facemos no cole que lle chamamos a desbrozadora. Lémbraste.

  • E agora a pensar ti un pouco. Á volta me contas que se te ocorreu.

 

 

 

 

EXERCICIOS PARA FACER NO SOFÁ.

 

Imaxino que nos será fácil que estea libre estos días pero si tes esa sorte podes facer os seguintes exercicios:

Antes de nada descálzate.

 

  • Sube e baixa ao xofá 10 veces. Vai cambeando de perna para subir.

  • Sentado sobre a punta do sofá ou sobre un brazo do mesmo, e sen agarrarte a ningún sitio, trata de por as pernas paralelas ao chan ata acadar unha postura de equilibrio. Canto tempo aguantas así?

  • Fai volteretas apoiando as mans e a cabeza dun lado a outro. Ollo, sen mancarte.

  • Imos a facer agora o pino con apoio de cabeza. Hai que aguantar a posición, axudarache por a barriga dura.

  • tumbado no chan cos pés enriba do sofá, leva as mans a tocar os pés. Faino 10 veces e repite despois de descansar.

  • Sepárate do sofá tres pasos longos e agora trata de chegar a él dando dous saltos e sube nel apoiando antes as mans nos asentos. O que chamamos no cole un salto á toreira.

  • Apoia os pés no sofá e as mans no chan en posición de flexións. Fai todas as que podias, flexionando os brazos. Veña, polo menos 5.

  • Sentado sobre un dos brazos do sofá, déixate ir cara atrás e apoiando un ombreiro e pondo a cabeza de lado, trata de facer unha voltereta cara atrás. Ollo! Sen mancarte.

 

 

 

 

 

CIRCUITOS:

 

A )Estamos preparados para facer de profes de E.F?

Vas a ter que organizar o material, preparalo e porte a funcionar. Se queres podes facer que participe a familia.

  1. Necesitas un boli ou un lapis. Ponte de pé. Tes que suxeitalo perpendicular ao chan pola parte superior do lapis. Suxeita cos dedos índice e pulgar. O exercicio consiste en soltalo e collelo coa man antes de que caia ao chan. 10 veces con cada man.

  2. Necesitas unha silla. Empezas de pé diante da silla. O execicio consiste en facer a seguinte secuencia: palmada, mans á cabeza, palmada, mans ao cú e me sento. Hai que tratar de facelo moi rápido así será máis complicado e divertido. 10 veces.

  3. Necesitas un tapón dunha botella. Ponte de pé co brazo dereito estirado perpendicular ao chan e a palma da man cara arriba. O tapòn estará sobre a man. O exercicio consiste en soltar o tapón, agacharte e collelo coa outra man sen que caia ao chan. Faino 10 veces con cada man. Tes que agacharte moito para que así traballen as pernas.

  4. Necesitas dúas sillas enfrentadas 4metros e un envase de iogur. Empeza sentado ninha das sillas co envase de iogur sobre a cabeza. Deberás levantarte e ir ata a outra silla, sentarte e volver a repetir o proceso 10 veces, tratando de que o iogur non caia ao chan.

  5. Para este exercicio necesitas un coxín ou unha alfombra. Estarás sentado no chan, coas pernas flexionadas. Dende esta posición, agarrándote os xeonllos, deberás facer un balanceo atrás e adiante e porte de pé rápidamente, tratando de non apoiar as mans no chan. Repite o exercicio 10 veces.

 

Cando remates de facelos todos, descansa un rato e volve a repetilos.

Antes de empezar o circuito deberás ter todo o material preparado, para que o exercicio sexa contínuo.

 

 

 

 

 

 B) Outro circuito que podes facer tí só ou en compañía de alguén da familia.

 

1.- Necesitas por no chan o pau do recolledor e o da escoba. Cunha pequena separación entre ambos colócaste no lado esquerdo cos dous pés por fóra. Agora imos facer a seguinte secuencia:

  • Cun salto, quedas cun pé dentro e outro fóra do pau esquerdo.

  • No seguinte salto, quedas cun pé dentro e outro fóra do pau dereito.

  • No seguinte salto, os dous pés quedan fóra.

  • No seguinte os dous pés quedan dentro.

  • No seguinte volves á posición incial.

    Fai a secuencia 5 veces e cada vez máis rápido.

 

2. Imos repetir o mesmo exercicio pero agora añadimos os brazos con dous moventos: palmada e mans ao cú alternando.

 

  • Cun salto, quedas cun pé dentro e outro fóra do pau esquerdo. PALMADA

  • No seguinte salto, quedas cun pé dentro e outro fóra do pau dereito. MANS NO CÚ.

  • No seguinte salto, os dous pés quedan fóra. PALMADA.

  • No seguinte os dous pés quedan dentro. MANS NO CÚ.

  • No seguinte volves á posición incial. PALMADA.

    Fai a secuencia 5 veces e cada vez máis rápido.

 

 

 

3.-Imos repetir o exercicio 1, pero agora cada vez que fagamos un salto, tocamos coas dúas mans no chan. De salto a salto tes que estirar as pernas. Non fagas trampa.

 

4.-Agora traballaremos no chan, e faremos diferentes desprazamentos.

  • Sentado, coas pernas flexionadas e mirando cara ao frente, móvete apoiando soamente os talóns e o cú. As mans non.

  • Na mesma posición, agora podes apoiar tamén as mans.

  • Fai o mesmo pero indo de espalda.

 

Tes que medir un percorrido duns 5m. ou 5 pasos largos.

 

5.- Faremos unha secuencia de exercicios que deberás memorizar, e cando remates terás que facer todos sen equivocarte e como vos digo eu, con fluidez, buscando a continuidade entre un exercicio e outro.

 

  • Puñetazo coa man dereita. Sae dende o peito.

  • Puñetazo coa man esquerda.

  • Agáchome e levántome

  • Patada ao frente coa dereita.

  • Patada ao frente coa esquerda.

  • Xiro completo.

  • Puñetazo (gancho) coa dereita. O puño sae dende a cadeira.

  • Puñetazo ( gancho) coa esquerda.

  • Agáchome e levántome.

  • Patada hacia atrás coa dereita.

  • Patada hacia atrás coa esquerda.

  • Xiro completo.

 

Repite todo o circuito dúas veces.

 

Realización dunha rampa de lanzamento para traballar a puntería.

 

Material: Tetrabrik de leite baleiro e tapón do mesmo, envase de iogur, texoiras e tapón.

Pasos a seguir:

 

  1. Recorta o envase como se indica na foto.

 

 

  1. Coloca o envase de iogur cerca da rampa

 

 

 

  1. Dalleo a o tapón forte co dedo índice e trata de meter o tapón dentro.

        4. Por último, podes adornalo como queiras.

 

¡A xogarrrrrrrrr..........!

 

 

Vou a por uns enlaces de vídeos de youtube con certas actividades que poden resultar divertidas. Se non vos gustan podedes buscar outras pero por favor, facede durante o día actividade física. Non podedes estar todo o día sentados no sofá da casa vendo a tele ou xogando cos vídeoxogos, nin tampouco todo o día facendo actividades do cole.

 

 

IOGA PARA NENOS/AS

 

https://www.youtube.com/watch?v=nNbRQX8yJWs&t=473s

 

https://www.youtube.com/watch?v=MI1S5rM0ou0

 

https://www.youtube.com/watch?v=8oGR5xucItI

 

https://www.youtube.com/watch?v=X655B4ISakg

 

https://www.youtube.com/watch?v=t8748OWc1nQ&app=desktop

 

EXERCICIOS VARIADOS

https://www.youtube.com/watch?v=L_A_HjHZxfI&t=234s

 

https://www.youtube.com/watch?v=x_9L5_A6Ww4      Con estos exercicios, de paso, repasas o inglés.

 

EXERCICIOS CUNHA ESCOBA

https://www.youtube.com/watch?v=Q_3PdIrPaCg

 

ZUMBA.

https://www.youtube.com/watch?v=L_A_HjHZxfI&t=234s

 

https://www.youtube.com/watch?v=ymigWt5TOV8

 

https://www.youtube.com/watch?v=Ns1cEDEx23A

 

https://www.youtubekids.com/watch?v=vXCAAfMIW5A&hl=es

 

https://www.youtube.com/watch?v=yru75z-V1PU

 

OUTROS BAILES

https://www.youtube.com/watch?v=z6DoPp-LkTA  Para mover todo o corpo

 

 https://www.youtube.com/watch?v=_JBDpKY_aMk El baile de la moto.

 

 https://www.youtube.com/watch?v=388Q44ReOWE  

 

https://www.youtube.com/watch?v=J4-jnIYRx3Q

 

https://www.youtube.com/watch?v=ZsaywRY5iP0

 

https://www.youtube.com/watch?v=XgFxo-IkCNQ

 

XOGO DE MANS.

https://www.youtube.com/watch?v=UQ34zIP3gsE

 

MALABARES

https://www.youtube.com/watch?v=Ys5cJ6fMBOc&feature=youtu.be

 

RITMO CON VASOS

https://www.youtube.com/watch?v=Ep93SeXeRnM

 

XOGO DE MANS CON DISOCIACIÓN RÍTMICA

https://www.youtube.com/watch?v=_BQJeW_o5jM

 

RITMO DE PANADERAS

 

https://www.youtube.com/watch?v=DVYn8qU6NiY

 

XOGO DO CORPO HUMANO

 

http://ares.cnice.mec.es/edufisica/a/00/index.html

 

 

 UNHA OCA UN TANTO ESPECIAL.

 

 

Aquí deixo uns vídeos para que aprendas a xogar ao xadrez, se é que aínda non sabes:

 

 

COMO FACER UNHA CARIOCAS.

 

https://www.youtube.com/watch?v=N3q4P0YzIz0

 

EXERCICIOS PARA FACER COAS CARIOCAS.

 

https://www.youtube.com/watch?v=2yBpD2mdgS0

COUSAS PARA FACER SEN PANTALLAS

Aquí tedes unha serie de actividades para facer cos nenos nestes días que temos que quedar na casa. 

Un saúdo.

PARA ESTES DÍAS NA CASA

Para as familias que non dispoñen de impresora e para todas en xeral é importante crear unhas rutinas

coas nenas e nenos sen agobiarse. 

Que lean todos os días, e alternen tarefas semanais, escribindo contos, debuxando, cociñando e escribindo a receita, inventando problemas de sumas e restas, facendo as recomendacións ao seu ritmo, facendo algúns experimentos e debuxando os pasos , xogando e inventando xogos.

 

 Ánimo a tod@s!

 

Enlace Aulas Galegas

Deixámosvos este enlace con algunhas actividades (contos, ioga...) para toda a familia

 

http://aulasgalegas.org/

 

ENLACE AULAS GALEGAS

AQUI TEDES ESTE ENLACE CON ACTIVIDADES PARA FACER EN FAMILIA.

UN SAÚDO 

AULAS GALEGAS

A CONVIVENCIA FAMILIAR DURANTE A CRISE DO CORONAVIRUS

O ter que estar na casa durante moitos días, provoca problemas de convivencia dentro da familia, en moitas ocasións, e tamén malestar psicolóxico.

Cómpre, entre todos e todas, gañar esta batalla tan complicada que se chama convivencia.

Dende aulasgalegas.org facilítannos os seguintes consellos para pasar este tempo o mellor posible, sen que a convivencia familiar se resinta, senón que poida saír fortalecida, o mesmo que nós mesmos. 

 

CLICA  PARA  ACCEDER  AS  RECOMENDACIÓNS.

APLICACIÓNS INTERESANTES

 

DE INTERÉS PARA AS FAMILIAS:

 

Páxina web na que Sogama pon a disposición das familias, actividades

interesantes relacionadas co proxecto deste curso.

 

http://www.cadernoverde.gal/

 

 

Baía_Edicións_Logo

Campaña "Con vós na casa": Descarga de lecturas para tódalas idades

 

Catro Ventos

Como liberar o potencial do voso neno: Kit completo de actividades Montessori 0-2 anos

 

O Papagaio

Campaña "Olla O Papagaio": Descarga de exemplares do xornal

 

Kalandraka

Contos contados en Kalandraka TV

 

Kalandraka

Dende o seu grupo A Xanela do Maxín ofrece o video completo da obra: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.

 

Urco

Están a preparar unha serie de ebooks con relatos selectos dos seus títulos máis míticos. Xa tedes algún dispoñible en formato .epub

 

Aira editorial

Podedes descargar o novo cómic, "Carriandola"

 CSIC

A través da vicepresidencia adxunta de Cultura Científica, enviamos a ligazón ao contido "Aprende a ciencia na casa co CSIC", publicado na páxina web institucional:   https://www.csic.es/es/agenda-del-csic/aprende-ciencia-en-casa-con-el-csic Nel, incluímos unha ampla gama de recursos en liña do CSIC (audiovisuais, obradoiros, blogs, exposicións, etc.) para que o público de todas as idades poida vir e gozar da ciencia desde a casa.

 

Xogos educativos vedoque de Matemáticas, lectura, inglés e máis cousas.

 

https://vedoque.com/

 

 

CORREO ELECTRÓNICO PARA DÚBIDAS ALUMNADO DE 2º

Para calquera dúbida que teñades sobre as tarefas para estes días de suspensión das clases, podedes empregar o seguinte correo electrónico:

segundosoutodonas@gmail.com

Un saúdo.

TRUCOS MOI SINXELOS PARA APRENDER AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR. 2º PRIMARIA.

Como aos nenos e nenas gústanlles os trucos e ter complicidade connosco, exporlles que lles imos ensinar uns truquiños é algo que funciona sempre ben.

Aquí deixámosvos uns poucos para que os

practiquedes con eles.

Un saúdo das mestras de 2º!!

 



by Dr. Radut