O ter que estar na casa durante moitos días, provoca problemas de convivencia dentro da familia, en moitas ocasións, e tamén malestar psicolóxico.
Cómpre, entre todos e todas, gañar esta batalla tan complicada que se chama convivencia.
Dende aulasgalegas.org facilítannos os seguintes consellos para pasar este tempo o mellor posible, sen que a convivencia familiar se resinta, senón que poida saír fortalecida, o mesmo que nós mesmos.