Rutis-Vilaboa. Culleredo (A Coruña) - ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal - Tlf.: 881960290

CONCIENCIACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO-25N

Ademáis de traballar a concienciación CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO nas aulas, preparamos un baile ben chulo para facelo todos xuntos coa canción "Yo no renuncio", de Rozalén.

Preme na imaxe para ver o vídeo e... baila con nós contra a violencia de xénero!!

Galería de imaxes

MAGOSTO 2022

Hoxe, luns 14 de novembro, celebramos o MAGOSTO no cole.

Dous castañeiros asaron e repartiron as castañas ben quentiñas.

Logo, xogamos a diversos xogos tradicionais para axudar a facer a dixestión.

Galería de imaxes

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

De acordo coa resolución do 19 de setembro de 2022 pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 30 de setembro de 2022) a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar.

- Candidatura das familias do alumnado.

- Circular informativa Consello Escolar. 

- Calendario electoral.

dibujo-voto-urna-320×300 | Comunidad Educativa Cabo Mayor

PEONZAS PARA UNHA VIDA SAUDABLE

O venres 25 de outubro, o alumnado de 3º e 4º de primaria tivo a honra de participar nun obradoiro de xogo con peonzas co campión mundial Omar Pule.

CIRCULAR INICIO DE CURSO 2022-2023

A continuación podedes acceder á información da escolar na seguinte CIRCULAR INFORMATIVA.

DOCUMENTOS DO ANPA

DOCUMENTOS DO CENTRO DESCARGABLES

Dentro do despregable da esquerda, no apartado SECRETARIA podedes descargar os documentos que precisedes.

DOMICILIACIÓN COMEDOR

FIMPRESO ORDE DOMICILIACIÓN COMEDOR

Benvidos ao curso 2022-2023

FONDO SOLIDARIO

CALENDARIO DO FONDO SOLIDARIO E DE RECOLLIDA DE VALES PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023:

- DÍA 23 DE XUÑO LISTADO PROVISIONAL

- DÍA 30 DE XUÑO LISTADO DEFINITIVO

OS LISTADOS EXPOÑERANSE NO TABOLEIRO DA ENTRADA

 ENTREGA DE VALES de 10:00 horas a 13.00 horas

- DÍA 4 DE XULLO ALUMNADO DE 1º E 2º CURSO

- DÍA 5 DE XULLO ALUMNADO DE 3º E 4º CURSO

- DÍA 6 DE XULLO ALUMNADO DE 5º E 6º CURSO

- DÍA 7 DE XULLO  VALES PENDENTES

AS FAMILIAS, NO CASO DE NON PODER VIR A RECOLLER OS VALES, PODEN DELEGAR A RECOLLIDA CUNHA AUTORIZACIÓN PERSOAL.

Distribuir contido