Rutis-Vilaboa. Culleredo (A Coruña) - ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal - Tlf.: 881960290

BAUTISMO DE MAR-FERROL 2024

O alumnado de quinto e sexto de educación primaria desprazouse na mañá do 21 de maio ao Arsenal Militar de Ferrol. Alí gozaron dunha travesía a bordo de sendos remolcadores pola ría e dunha visita guiada á Fragata 101, "Álvaro Bazán", destacando a importancia da Armada na defensa dos intereses marítimos de España.

Preme na imaxe

BOMBEIROS DA CORUÑA

Na mañá do 21 de maio, o alumnado de educación infantil visitou o Parque de Bombeiros da Coruña e viviu en primeira persoa os coidados necesarios ante o lume.

FONDO SOLIDADRIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

Publicados tanto a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado e In educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H) como as correspondentes Instrucións, recollen os seguintes aspectos:

Beneficiarios/as: Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

Fondo solidario de libros texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en Educación Especial (EE), así como axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP e EE.

Prazo de solicitude: Do 21 de maio ao 21 de xuño (ambos incluídos). O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 22 de abril de 2025.

Pódese presentar telematicamente a través da SEDE ELECTRÓNICA ou ben de forma presencial no centro os impresos de solicitude e documentación complementaria especificada a continuación:

1. Anexo I e Anexo II

2. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

3. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS

 

VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

A escritora galega Érica Esmorís, autora de entre outras obras Patio de luces pola que gañou o XI Premio Ciudad de Málaga, participou unha charla-coloquio co alumnado do terceiro curso de primaria. Moitas grazas por compartir este día connosco. 

 

ECOPERCUSSION

O alumnado de 4º de primaria tivo oportunidade de participar no obradoiro ECOPERCUSSION, actividade didáctica do programa municipal EDUCACULLEREDO. É un obradoiro alternativo no que, partindo de materiais de refugallo (botellas, latas, bidóns de pintura ...) o alumnado aprende a facer batukada.

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA - DAFIS

 Este curso participamos por primeira vez, co alumnado de 1º e 2º de Primaria, en DAFIS (Datos sobre a valoración da Condición Física Saudable), enmarcado no Plan Galicia Saudable. Os protocolos de valoración pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado que gardan relación coa saúde (forza, resistencia, flexibilidade e axilidade-velocidade). Estos datos permítennos coñecer en qué estado físico se atopa cada alumno/a. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguimento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades. A continuación, presentamos algunhas das probas físicas que forman parte do protocolo:

 

  • CARREIRA DE IDA E VOLTA 4 x 10 METROS (para valorar a velocidade, a axilidade e a coordinación).

  • PRENSIÓN MANUAL (para valorar a forza máxima isométrica).

  • BACK-SAVER SIT AND REACH (proba de flexibilidade).

  • SALTO HORIZONTAL COS PÉS XUNTOS (para valorar a forza explosiva do tren inferior).

  • SUSPENSIÓN COS CÓBADOS FLEXIONADOS (para valorar a resistencia a forza do tren superior).

  • E tamén medímonos e pesámonos para calcular o índice de masa corporal (IMC).

 

OS TRES Rs

No corredor do primeiro andar atopamos a exposición creada polo alumnado do 1º curso de primaria con obxectos elaborados a partir das 3R: reducir, reciclar e reutizar.

 

SAÍDA: CONCERTO LA MÁQUINA DE LAS EMOCIONES

O alumnado do primeiro ciclo desprazouse ó Auditorio Gustav Mahler do conservatorio de Culleredo para desfrutar do concerto didáctico A MÁQUINA DAS EMOCIÓNS creado polo equipo docente deste. Esta obra presenta algúns instrumentos e amosa como a través da música podemos expresar e canalizar as nosas emocións.

 

PLAN DIRECTOR


O alumnado do terceiro ciclo continúa formándose grazas ás charlas, realizadas por membros da Garda Civil, dentro do Plan Director. 

Distribuir contido