Rutis-Vilaboa. Culleredo (A Coruña) - ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal - Tlf.: 881960290

LIBROS DE TEXTO curso 2023-2024

EDUCACIÓN INFANTIL
1º de EDUCACIÓN PRIMARIA
2º de EDUCACIÓN PRIMARIA
3º de EDUCACIÓN PRIMARIA
4º de EDUCACIÓN PRIMARIA
5º de EDUCACIÓN PRIMARIA
6º de EDUCACIÓN PRIMARIA

INFORMACIÓN FINAL DE CURSO

POBO AVENTURA DE 3º E 4º

Día de Museos

 O martes 9 de maio, o alumnado de 5º de primaria gozou dunha xornada dedicada a visitar a DOMUS e o Museo de Belas Artes.

Preme na imaxe para ver pequenos intres.

XADREZ NO SOFÍA

HAZ DE LUZ. TALLER FAMILIAR

O mércores 31 de maio puidemos gozar dunha tarde máxica e relaxante co obradoiro HAZ DE LUZ realizado por AKRÉ, ESPACIO EDUCATIVO.

Preme na imaxe para ver o pequenos intres.

FONDO SOLIDADRIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

Publicados tanto a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 como recollen os seguintes aspectos:

Beneficiarios/as: Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

Fondo solidario de libros texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en Educación Especial (EE), así como axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP e EE.

Prazo de solicitude: Do 20 de maio ao 21 de xuño (ambos incluídos). O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 2 de abril de 2024.

Presentar os impresos de solicitude e documentación complementaria especificada a continuación:

1. Anexo I e Anexo II

2. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

3. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

LETRAS GALEGAS 2023

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023 

Preme na imaxe para ver como comezou a xornada adicada á entrega de premios do Certame Literario 2023.

No seguinte enlace SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2023 podedes acceder ás distintas actividades organizadas para

festexar as nosas Letras.

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS CURSO 2023-2024

Quedan publicadas as listaxes definitivas de admitidos no taboleiro do centro.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes.

 

PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

 * O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no Centro, do 20 ao 30 de xuño.

 

Poden descargar os documentos nos seguintes enlaces:

- Documentación para formalizar a matrícula.

- Impreso para a formalización matrícula.

CELEBRACIÓN DA FESTA DOS MAIOS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou a celebración dos Maios o venres 12 de maio. Se queres ver o ben que o pasamos, preme na imaxe. 

Distribuir contido