Dinamización da Biblioteca (DB)

Dinamización da Biblioteca

CELEBRANDO O DÍA DA POESÍA DENDE A CASA

Ola, rapaces e rapazas, papás, mamás, avós, avoas, mestres e mestras ... do Sofía Casanova.

A poesía dende o punto de vista literario é a canle por excelencia para expresar os nosos sentimentos, as nosas emocións, as nosas alegrías e tamén as nosas penas.

A UNESCO celebrou por primeira vez o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa  30ª Conferencia Xeral en París en 1999. Nós tódolos  anos celebrámolo con moita algazara... este non vai ser menos.

Por culpa dun virus temos que estar na casa, iso non quere dicir que quedemos sen celebración, todos xuntos podemos.

Dende esta pequena ventá invito a toda a comunidade do  Ceip Sofía Casanova a visitar o meu blog e a participar. 

Un bufobico a todos e todas, e xa sabes...

#EUQUEDONACASA

Distribuir contido