Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

XUíZO AOS MECOS PANDÉMICOS.

 Nin a pandemia librou aos mecos dun xuízo xusto. O alumnado de 6º de Educación  Primaria celebrouno o xoves 18 na máis estrita intimidade.

Según informan fontes próximas ao Xulgado botouse moito de menos ao resto da comunidade educativa e o seu balbordo habitual. Por tal motivo adoptáronse medidas extraordinarias  para poder compartir este momento  con todos os que o desexen.

Preme enriba da imaxe se queres coñecer como se desenvolveu o xuízo.

 

Blog de Dinamización: HABELAS HAINAS 7.0

No Equipo de Dinamización da Lingua Galega contamos co blogue HABELAS HAINAS 7.0 no que compartimos propostas, curiosidades e traballos das nenas e nenos do cole. Podedes acceder premendo na seguinte imaxe:

Blog_EDLG

Revista PUNTO E COMA 2018-2019

Xa temos con nós a revista PUNTO E COMA... a vosa revista!

Esta revista escolar anual do CEIP Sofía Casanova recolle artigos de aspectos significativos do curso, así coma os traballos gañadores do Certame Literario organizado polo EDLG para o fomento do galego.

Agardamos gocedes da súa lectura e... FELIZ VERÁN! Guay

Premede aquí para poder ver a revista 

 

UN ENTROIDO DE PELÍCULA

Este foi, realmente, un entroido máxico... de película! Sorriso

Un ano máis os equipos de centro cordináronse á perfección para levar a cabo esta festa tan nosa, onde as familias xogan un papel fundamental. Grazas a todas as persoas que participaron e o fixeron posible!

Aquí tedes a Revista dixital deste Entroido 2019. Desexamos que gocedes coa súa lectura.

 

 

 

QUEN ANDA POLAS RÚAS?

Aquí tedes a información recollida na actividade "Quen anda polas rúas?", enmarcada dentro do proxecto PERCORREMOS CULLEREDO, desenvolvido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole.

 

REVISTA PUNTO E COMA 2017-2018

Xa está aquí!! Xa chegou!!

Xa podedes gozar coa nosa revista escolar PUNTO E COMA do 2017-2018 publicada na web do cole.

 

 FELIZ VERÁN!! Guiño

 

 

 

REVISTA DE ENTROIDO 2018

Xa está connosco a revista dixital do Entroido 2018! Sorriso

O ENTROIDO VAI DE CULLEREDO

Aproveitamos para lembrarvos que para estar ao tanto das últimas novas nas actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, podedes visitar o blog HABELAS HAINAS 7.0 no seguinte enlace:

http://sofiacasanovaculleredo.blogspot.com.es/

 

 

Revista Artistas de Entroido - 2017

Neste Entroido de artistas

disfrazamos aos artistas de Entroido Guiño

Viva a festa!! Risa

 

 

PUNTO E COMA 2015_2016

Xa está con nós o último número da revista anual PUNTO E COMA, coas aportacións de todos os niveis, os traballos gañadores do Certame Literario e as experiencias do Club de Lectura do Bufolector.

 

Moitas grazas pola vosa participación e agardamos que gocedes coa súa lectura.

 

Felices Vacacións!!!

 

 

CERTAME LITERARIO

O venres, 20 de maio de 2016, entregáronse os premios do CERTAME LITERARIO do noso cole.

Carla Veiga Ameijenda

Os seleccionados e seleccionadas foron agasallados cunha camiseta cun debuxo de CARLA VEIGA AMEIJENDA, gañadora no concurso do Debuxo-lema para o Fomento da Lingua Galega.

Aquí tedes os flamantes gañadores e gañadoras.

Infantil certame literario

 

Primeiro e Segundo de EP certame literario

 

Terceiro e cuarto de EP certame literario

Quinto e Sexto de EP certame literario

 

Moitas grazas por participar e polo voso esforzo.

Un saúdo, 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Distribuir contido