Rutis-Vilaboa. Culleredo (A Coruña) - ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal - Tlf.: 881960290

FONDO SOLIDARIO

CALENDARIO DO FONDO SOLIDARIO E DE RECOLLIDA DE VALES PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023:

- DÍA 23 DE XUÑO LISTADO PROVISIONAL

- DÍA 30 DE XUÑO LISTADO DEFINITIVO

OS LISTADOS EXPOÑERANSE NO TABOLEIRO DA ENTRADA

 ENTREGA DE VALES de 10:00 horas a 13.00 horas

- DÍA 4 DE XULLO ALUMNADO DE 1º E 2º CURSO

- DÍA 5 DE XULLO ALUMNADO DE 3º E 4º CURSO

- DÍA 6 DE XULLO ALUMNADO DE 5º E 6º CURSO

- DÍA 7 DE XULLO  VALES PENDENTES

AS FAMILIAS, NO CASO DE NON PODER VIR A RECOLLER OS VALES, PODEN DELEGAR A RECOLLIDA CUNHA AUTORIZACIÓN PERSOAL.

ADMISIÓN 22/23

IMPORTANTE:

- O PRAZO DE MATRÍCULA SERÁ DO 20 AO 30 DE XUÑO, ÁMBOLOS DOUS INCLUÍDOS.

- OS IMPRESOS FACILITARANSE NO CENTRO E ESTARÁN DISPOÑIBLES NA PÁXINA WEB (SECRETARÍA).

- NO MOMENTO DE FORMALIZAR MATRÍCULA, SE É O CASO, SOLICITARÁN OS SERVIZOS

COMPLEMENTARIOS (COMEDOR E TRANSPORTE).

Están publicadas no taboleiro de anuncios as listaxes definitivas de admitidos para o curso 22/23.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA.

Publícase no D.O.G. a Orde do 29 de abril de 2022 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto (3º,4º,5º e 6º) e se convocan axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º) e material escolar para o alumnado de primaria.

Prazo: dende hoxe ata o 22 de xuño, incluído.

Pódense facer as solicitudes na páxina:Portada - Sede Electrónica - Xunta de Galicia ou no colexio.

No caso de facerse on line é unha solicitude por neno/a. No colexio, en formato papel, unha solicitude para todos/as irmáns/ás rescolarizados no centro.

Acceso aos formularios:  fondolibros (xunta.gal)

(Toda a información e a documentación a presentar está na citada Orde).

 

 

 

Documentos de solicitude de transporte e comedor escolar para o vindeiro curso 2022/23

Durante este mes de maio está aberto o prazo para solicitar para o vindeiro curso 2022/2023 os servizos complementarios de transporte e comedor. Para iso é necesario  cumplimentar o documento ou documentos que se xuntan. Poden entregalo na administración do centro (o alumnado ou a súa familia) e tamén no correo electrónico do colexio, escaneando as solicitudes. 

Se alguén ten dificultades para descargalo pode solicitalo en formato papel no colexio.

                                               

                                         

O CEIP SOFÍA CASANOVA

 Se nos queres coñecer preme na imaxe.

PLAN DE ADAPTACIÓN A SITUACIÓN COVID-19 E PLAN DE CONTINXENCIA

Premendo nas imaxe poderá consultar tanto o  Plan de Adaptación á situación COVID-19 coma o Plan de Continxencia para o curso 2021-2022.

 

                                   
                         HORARIOS ESPELLO   PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19       PLAN DE CONTINXENCIA  
                                       

COMEDOR 2021/2022.

Listaxe definitiva do alumnado admitido para o curso 21/22.

Pódese consultar no taboleiro do centro.

Están publicadas no taboleiro de anuncios a listaxe provisional de admitidos para o curso 21/22.

Distribuir contido