Curso 2011-2012

VIAXE A SANTIAGO DE COMPOSTELA


      O pasado 12 de xuño, os alumnos do terceiro ciclo de educación primaria viaxamos a Santiago para levar a cabo tres interesantes visitas. A primeira foi á Cidade da Cultura, onde desfrutamos coa súa innovadura arquitectura. Despois dirixímonos ao Museo de Arte Contemporáneo, onde nos foron explicadas moitas das obras alí expostas. Por último, no Parlamento de Galicia entendimos o seu funcionamento e asistimos en directo a unha sesión.


      Podedes ver imaxes deste día premendo aquí.

MULLERES NO CINE

O Departamento de Servizos Sociais do Concello das Pontes propuxo traballar contidos de coeducación e igualdade de xénero nas aulas de primaria, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller Traballadora.


Desenvolvéronse diversas actividades en torno a un tema común: MULLERES NO CINE. Algunhas delas pódense ver aquí.

I Cross Promoción Atletismo Escolar


 


Este ano participamos no "I Cross na Carballeira da Fraga", organizado conxuntamente polo Clube de Atletismo Olympo e o Concello das Pontes.


Este evento tivo lugar o pasado 9 de marzo. Acadamos varios premios nas categorías benxamín, alevín e infantil.


 


Non deixes de ver aquí algúns momentos desta competición.

VISITA Á TELEVISIÓN LOCAL

Os nenos e nenas de 1º e 2º visitamos a Radiotelevisión das Pontes o pasado 21 de febreiro.


Aprendemos moitas cousas. Fixemos algunha entrevista e contamos novas do colexio.


Foi moi divertido!






Se queres ver outras fotografías deste día, pulsa aquí.

Viaxe á neve

O pasado 31 de xaneiro os alumnos/as do CEIP Santa María fixemos unha fermosa excursión á estación de esquí de San Isidro en León, onde desfrutamos da neve xunto cos compañeiros dos colexios das Pontes.


Se queres ver o ben que o pasamos preme aquí.


Deporte escolar curso 2011-2012

Este curso tivemos 4 encontros:


 -Xornada de campo a través o 18 de novembro.


-Outras 3 de deportes colectivos cos centros do Concello.


-CEIP A MAGDALENA 30 de novembro.


-CPI MONTE CAXADO 7 de decembro.


-CEIP A FRAGA 18 de xaneiro.


Se queres ver imaxes destes encontros preme aquí.


 


 

Viaxe ao Parque Natural das Dunas de Corrubedo

O pasado 21 de outubro, os nenos de 5º e 6º de primaria visitamos o Parque Natural das Dunas de Corrubedo. Alí recibimos unha ampla información das características deste peculiar ecosistema e desfrutamos da marabillosa paisaxe que tiñamos arredor.


Pola tarde, dirixímonos ao castro de Baroña. Neste lugar tratamos de imaxinar como era a vida dos seus poboadores a partir do que viamos e dos datos que tiñamos sobre a época.


Se queres ver máis imaxes deste día, preme aquí.


 


Distribuir contido