Curso 2011-2012

I Cross Promoción Atletismo Escolar


 


Este ano participamos no "I Cross na Carballeira da Fraga", organizado conxuntamente polo Clube de Atletismo Olympo e o Concello das Pontes.


Este evento tivo lugar o pasado 9 de marzo. Acadamos varios premios nas categorías benxamín, alevín e infantil.


 


Non deixes de ver aquí algúns momentos desta competición.

Viaxe á neve

O pasado 31 de xaneiro os alumnos/as do CEIP Santa María fixemos unha fermosa excursión á estación de esquí de San Isidro en León, onde desfrutamos da neve xunto cos compañeiros dos colexios das Pontes.


Se queres ver o ben que o pasamos preme aquí.


Deporte escolar curso 2011-2012

Este curso tivemos 4 encontros:


 -Xornada de campo a través o 18 de novembro.


-Outras 3 de deportes colectivos cos centros do Concello.


-CEIP A MAGDALENA 30 de novembro.


-CPI MONTE CAXADO 7 de decembro.


-CEIP A FRAGA 18 de xaneiro.


Se queres ver imaxes destes encontros preme aquí.


 


 

Distribuir contido