blogue detic

ARTE NO NADAL

BO NADAL

Os nenos e nenas de Educación Infantil ( 3 anos A ), gañaron o concurso de postais de Nadal.

Con esta chamada á felicidade, desexamos un merecido  descanso e Boas Festas a toda a Comunidade Educativa do Ceip Sagrado Corazón.

 

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

SAGRALEO, a nosa mascota, convídanos a que pidamos un libro aos Reis Magos. Deixounos estes títulos de guía. 

VIDEO MASCOTAS

CONCURSO MASCOTA BIBLIOTECA

XA A ATOPAMOS!!!

Temos a imaxe e o nome que vai representar a biblioteca da nosa escola e que servirá de logotipo para os diferentes comunicados e actividades .

 XA TEMOS MASCOTA! CHÁMASE SAGRALEO e foi seleccionada entre unha multitude de criaturas fantásticas, todas elas ben bonitas, pero so demos convencido a Sagraleo para que fose a mascota da nosa biblioteca. Noraboa a Manuel Torres de segundo de primaria que encontrou as súas pegadas entre os andeis e....aquí a temos. 

Mira o video e atoparás a Sagraleo e a todas as mascotas seleccionadas.

Podedes ver os debuxos seleccionados no seguinte enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/0B4pCES6YHWsCUzlrWFl5QmU4Uk0?usp=sharing

CALENDARIO ESTIÑO 16/17

Un curso máis, e xa temos  un novo calendario ESTIÑO, este ano moi doce, xa que está adicado ás LAMBETADAS. Ao noso centro tocoulle  ilustrar un gorro de cociñeira con cañas. Este ano foi escollido un debuxo de primeiro curso, pero cada un dos nenos e nenas, deron o mellor de si. Noraboa a todos.

SABEDES POR QUE O CALENDARIO SE CHAMA ESTIÑO?

Polos anos 70, un grupo de mestres e mestras de escolas unitarias da provincia de Lugo empezaron a  compartir experiencias, recursos e problemáticas sobre a escola rural. Así naceu en Lugo o Colectivo Pedagóxico Estiño en 1983.

Na actualidade, o seu traballo pedagóxico  segue vinculado ao estudo dos distintos aspectos da cultura galega, ao seu valor e a súa pervivencia. 

Ademáis dos calendarios, os traballos dos distintos centros quedan plasmados na revista escolar Miuzallas.

Os calendarios póñense á venda e os cartos recaudados destínanse a financiar proxectos educativos en Nicaragua, a través da ONG lucense AXUNICA. http://www.axunica.org

Fonte de información: http://estinho.gal/nos 

http://colectivoestinho.blogspot.com.es/ 

Así quedou de bonito o calendario coa  colaboración do noso colexio e doutros da provincia.

 

Podes ver os debuxos seleccionados no seguinte enlace:

https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCaEhaM2Q0dXQ5YTQ

MOCHILA VIAXEIRA

A mochila viaxeira  xa está en marcha. Seguro que voltará da súa viaxe cargada de vivencias, de momentos máxicos e moi feliz por  darlle a oportunidade  de compartir con todos vos, nen@s e familias, todo un mundo de imaxinación e aventuras.

 BOA LECTURA!!

TRÍPTICO. GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA

 

Con esta guía de usuarios, pretendemos que a Comunidade Educativa coñeza como está organizada a Biblioteca e poda facer un bo uso e disfrute dos tesouros que garda: os libros.

Fai clik no seguinte enlace:

GUÍA DE USUARIO DA BIBLIOTECA: https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCbVBVWDBxU2pVazg

O PAPAGAIO

O PAPAGAIO.

NACE A PRIMEIRA REVISTA EN GALEGO PARA RAPACES. (Pincha no nome en azul para acceder á revista).

SAMAIN 2016

O SAMAÍN "OKUPA" A BIBLIOTECA

Durante esta semana seres terroríficos invadiron a nosa biblioteca: monstruos, vampiros, meigas, pantasmas…., tamén os contos de medo, refráns , animais fantásticos… conviviron neste espazo: Biblioteca Escolar , Territorio das Artes.

Os nenos e nenas, os profes e as familias, volcáronse nunha grandísima participación cunha alta dose de creatividade.

 

Velaí una pequena mostra do seu traballo.

 

24 DE OUTUBRO. DIA DAS BIBLIOTECAS

POR QUE SE CELEBRA O DÍA DAS BIBLIOTECAS ?

Desde 1997, cada 24 de octubre se conmemora el Día de la Biblioteca, una iniciativa de la Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, con el apoyo del Ministerio de Cultura, en recuerdo de la destrucción de la Biblioteca de Sarajevo incendiada el 1992 durante la Guerra de los Balcanes. Esta conmemoración nació para trasladar a la opinión pública la importancia de la biblioteca como lugar de encuentro de los lectores de todas las edades con la cultura, y como un instrumento de mejora de la formación y la convivencia humana.

Cada año se encarga a un escritor y a un ilustrador, ambos de reconocido prestigio, la redacción del pregón y el diseño del cartel que se difunde entre todas las bibliotecas de España, asociados e interesados. Este año las elegidas han sido dos mujeres: Ledicia Costas, última ganadora del Premio Nacional (Escarlatina, a cociñeira defunta) y del Premio Lazarillo (Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta), y la ilustradora Elena Odriozola, también galardonada con el Premio Nacional de Ilustración en 2015.

 

Este es el texto del pregón:

 

Una luciérnaga es una isla perdida en la noche más densa. Cien luciérnagas, una constelación misteriosa que marca el rumbo hacia otros universos. Así, con esa estrategia de luz, se organizan los libros que moran en las bibliotecas. Son caricias fosforescentes que incendian los sueños y recomponen los corazones grises hasta hacerlos recobrar su color rojo brillante. Cualquier individuo que padezca el síndrome del corazón gris, debería ponerse en manos de un experto y visitar una biblioteca.

Para escribir un libro, además de hacer malabarismos con las palabras hay que ser una desvergonzada o un loco. Un atrevido, una excéntrica descontrolada. Llevar un calcetín de lunares, otro de rayas y los pelos de punta. Una cresta como las que lucen las cacatúas sería un peinado muy interesante para un escritor. Solo las mentes más disparatadas son aptas para escribir libros. Pero para custodiarlas no es suficiente con tener un desajuste en los cables cerebrales. Es indispensable ser de fuera. Un extraterrestre. Las bibliotecas albergan seres con antenas giratorias, cerebros millométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes, campanudos. Las personas que custodian libros siempre me han parecido criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran y estiran hasta alcanzar aquel volumen al que parecía imposible acceder. A continuación, como si nada, se recomponen y todo vuelve a su posición natural. Parecen seres humanos, pero a poco que les observes percibirás que no son de aquí. Una de las cosas que más me fascina de los bibliotecarios es su cerebro. ¡Me parecen tan listos! Los libros fabrican pensamientos. Pasar tantas horas dentro de una factoría de ideas es bueno para tener un corazón rojo y brillante y una cabeza repleta de planes fantásticos.

Alguien me han contado que el 24 de octubre es el Día de la Biblioteca. Sería genial organizar una fiesta con confeti y pompas de jabón. Celebrarla por todo lo alto. Me encantaría vestirme para tal ocasión como el personaje de algún libro, sentarme en la mesa de una biblioteca de la ciudad donde vivo y esperar a que fueran a visitarme. En las bibliotecas puedes ser quien tú quieras. Desde Mary Poppins hasta Matilda, Atreyu, Drácula o incluso Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Puedes ponerte botas de pelo, plumas, zancos y sombreros. ¡Sombreros! ¡Eso es! Imagino a una pequeña lectora acercándose a mí discretamente, atraída por los colores y formas de mi sombrero:

—Sombrerera loca, ¡qué fiesta más maravillosa! ¿Sería tan amable de servirme una taza de té?

Yo se la serviría con mucho gusto, poniendo cara de mujer refinada, y luego ambas haríamos ruido al tragar. Sonaría algo parecido a glup glup glup. Y antes de que nos diese tiempo de romper a reír de forma desenfrenada, aparecería el bibliotecario, como surgido de la nada, que para eso poseen la facultad de materializarse delante de ti en el momento más inoportuno, y nos advertiría de que las bibliotecas no son merenderos. Hay que reconocer que son únicos custodiando tesoros. Extraterrestres con el corazón rojo y brillante. Qué cosa tan extraordinaria. ¡Feliz Día de la Biblioteca!

Texto: Ledicia Costas / Ilustración: Elena Odriozola

FONTE:http://revistababar.com/wp/dia-de-la-biblioteca-2016/

 

LEER TE DA MÁS

LEER TE DA MÁS, GUÍA PARA PADRES 

Pincha no título para acceder a guía.

 Ferramenta para pais e nais, para fomentar a lectura nos seus fillos, publicada polo Ministerio de Cultura.

Esta guía contén:

  • Dez principios imprescindibles para crear bos lectores. Decálogo para pais e nais.
  • Dez principios imprescindibles para crear bos lectores. Decálogo para nenos e nenas.
  • Consellos máis frecuentes sobre as dudas que se presentan en pais e nais.
  • Actividades paso a paso recomendadas para o fogar.

BENVIDOS!!!

Ola a todos! Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e do Equipo da Biblioteca, dámosvos a benvida a este novo curso.

Podedes ir botando unha ollada ás novas sobre biblioteca.

Está toda a información no Portal Educativo, sección de Bibliotecas Escolares.

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.

A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  

Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 

Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FIN DE CURSO

FAI CLICK NA IMAXE

ATA O CURSO QUE VEN. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

BOAS VACACIÓNS!

CANTANDO A MANUEL MARÍA

LETRAS GALEGAS 2016

VIDEOPOEMAS

Escolma de poemas de Manuel María recitados por nenos e nenas que representan a diversidade lingüística da nosa escola, dándonos a coñecer a riqueza cultural e a beleza do galego e da súa lingua materna, como medio de expresión, aprendizaxe, tolerancia e inclusión.

Porque como ben di Manuel María no poema:

A FALA

O idioma é a chave

coa que abrimos o mundo:

o salouco máis feble,

o pensar máis profundo

...

O idioma é a patria

a esencia máis nosa,

a creación común

meirande e poderosa.

 

O idioma é a forza

que nos xungue e sostén.

Se perdemos a fala

non seremos ninguén. 

Grazas pola vosa fala: Yosra, Nasira, Daria, María Clara, Shana, Salvador, Iván, Santiago e Pablo.

 

CARACOL

O MEU BARCO

BOLBORETA

A ESTRELA SEN NOME

LABREGO

GALIZA

RAP O RIO

O RIO

LIBRO COLECTIVO MANUEL MARÍA

 

FAI CLIK NA IMAXE PARA VER O LIBRO

PROXECTO EXIPTO INFANTIL 5 ANOS

               FAI CLICK NA IMAXE

SEMANA DA PRENSA

Durante a semana da prensa acercamos o xornal as aulas e traballamos as distintas seccións a través da expresión oral, escrita e plástica. Aquí deixamos unha pequena mostra dos resultados. 

Preme AQUI

Distribuir contido