DIRECTRICES USO MÁSCARAS NOS CENTROS EDUCATIVOS (21/04/2022)
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de comunicar aos centros educativos as directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na comunidade autónoma de Galicia, que pode consultar clicando AQUÍ, na que recomenda, de xeito xeral, o uso das mesmas nos espazos interiores dos centros educativos.
PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO PARA CURSO 2022/2023
Publícado no taboleiro de anuncios do Centro a relación definitiva de alumnado admitido para o curso 2022/2023.
Infórmase que TODAS AS SOLICITUDES de admisión para o curso 2022/2023 PRESENTADAS EN PRAZO están admitidas.
IMPORTANTE:
Lembren que deben FORMALIZAR A MATRÍCULA entre o 20 e o 30 de xuño de 2022 nas secretaría do Centro.
O NOVO CEIP SAGRADO CORAZÓN
BENVIDOS E BENVIDAS ÁS NOVAS INSTALACIÓNS DO CEIP SAGRADO CORAZÓN.
Dende o inico do curso 2021/2022 trasladámonos ao novo edificio situado na R/ Venancio Senra,s/n, despois de máis de 50 anos nas anteriores instalación.
Premendo na imaxe, poderán visualizar unha presentación fotográfica dos distintos espazos do Centro.
RESERVA PRAZA ALUMNADO DE 6º NO IES SANXILLAO
Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes de reserva de praza do alumnado de 6º de Ed. Primaria no noso centro adscrito IES Sanxillao, comunícannos que TODO O ALUMNADO SOLICITANTE ESTÁ ADMITIDO. Pódese consultar o listado no taboleiro de anuncios do citado IES. No mes de xuño informaremos das datas para formalización de matrícula.
Lembramos ás familias do alumnado que non realizou a reserva que, entre o 1 e o 21 de marzo deben realizar a solicitude de admisión no centro educativo da súa elección.
PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/2023
Atópase aberto o prazo para presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2022/2023 entre o 01 e o 21 de marzo, ámbolos dous días incluídos.
Maís información:
INFORMACIÓN XERAL SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN.
CALENDARIO ESCOLARIZACIÓN PARA 2022/2023.
VACANTES OFERTADAS CURSO 2022/2023.
CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO.
MODELO SOLICITUDE DE ADMISIÓN.
RESULTADO DO SORTEO PÚBLICO DAS LETRAS DE PRIORIDADE EN CASO DE EMPATE.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
O vindeiro mércores, día 23 de febreiro de 2022, celebrarase unha xornada de portas abertas.
Entre as 16:00 h e as 18:00 h aquelas familias interesadas en coñecer as instalacións do centro poderán visitarnos e realizaremos diferentes percorridos tentando aclarar todas as dubidas que se poidan plantexar.
Agardámolos.
RECOLLIDA DE MÁSCARAS DO ALUMNADO DE ED. PRIMARIA
Comunicámoslles que aquelas familias que tiveron concedida a AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR para o presente curso, teñen tamén concedido a dotación de MÁSCARAS PARA OS SEUS FILLOS/AS.
Poderán recoller as máscaras mañá día 11 de xaneiro entre as 16:00 h e as 18:00 h.
En caso de que o pai/nai non poida acudir, poderán autorizar a outra persoa para a recollida, sendo preciso aportar un escrito cos datos persoais tanto de perceptor coma da persoa autorizada.
DISTRIBUCIÓN DE MÁCARAS PARA ALUMNADO DE ED. PRIMARIA
PUBLICADA A Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG) pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/2022.
Prazo de solicitudes no Centro dende o luns día 15 de novembro ata o venres 26 de novembro, ámbolos dous incluídos.
Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22.
Consulte a normativa pinchando AQUÍ.
CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022
Enviado por Roberto o Mar, 28/09/2021 - 08:41ACTUALIZACIÓN PLAN DE ADAPTACIÓN E PLAN DE CONTINXENCIA DO CENTRO
Pinchando nos enlace, a comunidade educativa do centro pode consultar as actualizacións do Plan de adaptación á situación da COVID 19 no curso 2021/2022 e do Plan de Continxencia do noso centro, para o seu coñecemento e achegas que se consideren oportunas.
NOTA ENTREGA EQUIPOS ABALAR-EDIXGAL 5º ED PRIMARIA
Comunicámoslles que o vindeiro martes día 21 procederemos a entrega do ORDENADOR e os correspondentes accesorios
do Proxecto de Educación Dixital ABALAR – E-DIXGAL ao alumnado de 5º curso de E. Primaria, que deberá ser recollido
persoalmente polo pai ou nai ou representante legal do alumno ou alumna, previa sinatura do acordo de cesión e aceptación
das cláusulas de préstamo do equipo (que poden consultar pinchando AQUÍ), no seguinte horario:
Martes, día 21 de setembro de 2021, entre ás 16:30 e 19:00 horas, no hall do centro.
RECOLLIDA VALES MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL
LISTAXE DE MATERIAL FUNXIBLE PARA O ALUMNADO CURSO 21/22
Poden consultar a listaxe de material preciso para o presente curso pinchando no curso correspondente.
INFORMACIÓN ALUMNADO 3 ANOS CURSO 21/22
Poden consultar a información relativa ao inicio de curso do alumnado de 3 anos (4º de Ed. Infantil) pinchando AQUÍ.
Como seguramente lembran, este curso establécese un período de adaptación para o alumnado deste curso que finalizará o vindeiro día 21 de setembro. Para consultar a distribución do alumnado implicado e o calendario establecido, pinche AQUÍ.
PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021/2022
Pode consultar nos respectivos enlaces o novo documento publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade o día 01 de outubro de 2021 que modifica ao do día 06 de xullo de 2021.
AXUDAS DO CONCELLO PARA MATERIAL ESCOLAR ED. INFANTIL CURSO 2021/2022
O prazo de presentación será do 4 ao 24 de xuño. Pode descargar aquí o modelo en castelán ou en galego, ou recollelo no Centro ou no Concello.
Como sempre, poden presentarse pola sede electronica do concello (lugo.gal) ou presencialmente no rexistro do concello ou de calquera administración, acompañado da documentación correspondente (ver documentación necesaria).
Este ano, se as familias o autorizan, farán á consulta a seguridade social, solucionando un problema de outros anos para conseguir os certificados desa administración.
CONVOCATORIA AXUDAS LIBROS DE TEXTOS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022
ABERTO O PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.
PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLITUDES DO 21 DE MAIO AO 22 DE XUÑO DE 2021, presencialmente no centro, con cita previa oupor vía electrónica no formulario dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
FORMULARIOS para presentación presencial: ANEXO I e II
VER CONVOCATORIA DOG E INFORMACIÓN AQUÍ
AVISO: para o cálculo da base impoñible xeral da declaración da renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2019 teñan en conta a suma dos recadros 435 máis 460.
