Club de lectura

4ª e 5ª Reunión. Capítulo 1: A carta.

Etiquetas :

     Empezamos cunha posta en común do acontecido no capítulo; pero centrámonos na carta que recibiu Lúa.

     Decidimos investigar eses puntiños. Era Braille! Que íamos facer, grazas á axuda da mestra Sara, aprendemos a linguaxe e fixemos un obradoiro.

 

3ª Reunión. Capítulo 0: Un mundo novo

Etiquetas :

     Empezamos no capítulo 0: un mundo novo. Despois dun breve resumo por parte dos membros do acontecido, chegamos á pregunta: quen é a profesora Larafuzas? Este misterioso personaxe que centra o capítulo.

 

     Non temos moita información e aínda é moi descoñecida, pero nós imaxinamos como sería este personaxe de Anxo Fariña. O que si sabemos é que estaremos moi alerta para coñecelo máis.

 

 

2ª reunión.

Etiquetas :

    Empezamos! Os membros do club recibiron os libros e un agasallo para usar durante as reunións. Alá imos.

 

1º Reunión

Etiquetas :

     Nesta primeira reunión dedicámonos a crear os carteis que nos servirán como muro de actividades levadas a cabo.

 

Presentación!

Etiquetas :

     Comeza o club de lectura cunha reunión de presentación, na que falamos sobre o que é un club, as normas que imos ter e quedamos en pensar un nome que nos defina e elixir o libro que queriamos ler. Finalmente entre varias opcións, a gañadora foi: "OS MEGATOXOS E O RETO DA INTERNET" de Anxo Fariña.

 

Convocatoria do "Club de Lectura"

Etiquetas :

      Iniciamos, no presente curso 2023/2024, a nosa andaina nos clubs de lectura, dentro do programa da Xunta co mesmo nome "Clubs de Lectura", facendo a convocatoria para o alumnado de 3º Ciclo de Primaria.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design