BENQUERIDO SAGRADO CORAZÓN

GRAZAS SAGRADO POR LEVARNOS DA MAN NA ÉPOCA MÁIS TENRA DAS NOSAS VIDAS, POR OFRECERNOS TANTAS E VARIADAS OPORTUNIDADES DE APRENDIZAXES, POR DARNOS ALEGRÍAS, XOGOS, AMIZADES DE POR VIDA.

DESPEDIMOS UN ESPAZO DE VIDA EDUCATIVA PARA DAR A BENVIDA A UNHA NOVA ETAPA: SAGRADO CORAZÓN, VÉMONOS Á VOLTA DO VERÁN, ABRE AS PORTAS AMARELAS PARA SEGUIR APRENDENDO, VIVINDO E GOZANDO AO TEU AMPARO.

FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS!!

 

REVISTA O GOLPE

A PIQUES DE REMATAR ESTE ANO TAN DIFERENTE, SAE DO PRELO A REVISTA O GOLPE!!
UNHA REVISIÓN DAS SÚAS PÁXINAS ILUSTRARÁ BOA PARTE DO QUE ACONTECEU NAS NOSAS AULAS. MOITO TRABALLO PESE A TER ESTA SITUACIÓN TAN ESPECIAL
AGARDAMOS QUE GOCES PASANDO AS SÚAS PÁXINA E VENDO CANTO E BO TRABALLO DESENVOLVERON NENOS E NENAS ALENTADOS POLO EQUIPO DE MESTRES E MESTRAS.
PARABÉNS A TODOS/AS E BO VERÁN
 


XELA ARIAS: LETRAS GALEGAS 2021

Aquí remata esta semana de lecturas para mergullarnos na obra e vida de Xela Arias, poeta, tradutora, escritora ... nai de Darío.

Queda agora desfrutar e celebrar as Letras Galegas, as nosas letras, este 17 de Maio e todos os días do ano e, como a Xeliña, falar galego, ler en galego.

Os nosos nenos e nenas xa o fan, e fano de maravilla. Poidémolo comprobar estes días de lecturas na biblioteca xunta o Xela, a carón de Xela, cos textos de Xela. 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

A XELIÑA FALA GALEGO

ESTAMOS NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS É A SÚA PROTAGONISTA.

MERGULLÁMONOS NOS SEUS ESCRITOS. LEMOS, LEMOS E LEMOS LIBROS, POEMAS, OS SEUS CONTOS DE NENA, OS CONTOS QUE TRADUCIU.

LEMOS E LEMOS. A BIBLIOTECA É O NOSO LUGAR.

AS BRUXAS, DE ROALD DAHL,CON TRADUCIÓN DE XELA ARIAS, É O PUNTO DE PARTIDA.  

TODO, TODO ESTÁ NOS LIBROS

ASÍ FOI COMO CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO: LENDO OS NOSOS LIBROS FAVORITOS.

LIBROS E LIBROS A MOREAS PARA PODER CHEGAR ATA O ÚLTIMO CONFÍN. LIBROS CHEOS DE HISTORIAS, DE LUGARES A VISITAR, DE PAIXASES POR DESCUBRIR E SENSACIÓNS POR EXPERIMENTAR.

UN LIBRO, A MELLOR MANEIRA DE VIAXAR!!

23 DE ABRIL: UN LIBRO, A MELLOR FORMA DE VIAXAR

 

No Día Libro, nestes tempos e, sempre, os libros son a mellor maneira de coñecer o mundo.

Cada libro unha historia, un país, unha cidade, un barrio. Cada libro, unha apaixoante aventura por vivir, múltiples sensacións a experimentar. 

Cada libro, unha forma de chegar ata o último confín da terra, historias inimaxinables acontecerán.

Celebramos este día co noso libro preferido para deixar voar o noso maxín, para percorrer o mundo enteiro ¡!

Collamos o noso libro preferido e deixémonos levar polo mundo!!

Aló imos!!..

ARTE POR ARTE

O 21 de marzo celebramos o día da POESÍA.

En 6º E.P. no  Taller de Escritura que fan tódalas semanas, aprenden diferentes técnicas de escritura e, por suposto, escriben … pero tamén aprenden a gozar da arte, a percibir tódalas sensacións que a cada un e unha nos transmite calquera obra de arte.

Nesta ocasión, serviu como excusa de escritura unha pintura de Van Gogh, noite estrelada.  Observárona, sentírona e, mesmo, se arriscaron a facer a súa versión de "Noite Estrelada".

Este traballo foi o punto de partida para a inspiración e comezar a escribir...

E, escribiron poesía porque poesía é sentimento, emoción, agarimo… arte en definitiva…

Nenos e nenas de 6ºB fixéron un poema colectivo á poesía… Cada un escribiu un verso… para nós POESÍA.

 Velaquí está o resultado deste proceso creativo:

ARTE POR ARTE

NOTICIA DESTACADA NA SEMANA DA PRENSA

A "xornalista" Silvia Vázquez, de 6ºB achéganos este magnífico artigo sobre o día da muller. A través das súas columnas e da súa fantástica reportaxe poderemos coñecer a historia desas mulleres de principios do século XX que morreron loitando polos seus dereitos como mulleres e traballadoras. Coñeceremos tamén, como este feito deu orixe a unha reivindicación que aínda nos días de hoxe está presente. Moito foi o conseguido pero aínda quedan matices nesta loita pola igualdade entre homes e mulleres.

Non deixedes de ler este interesante artigo! Parabéns Silvia

 

 

Blogues do Sagrado

Iniciar sesión: Acceso