Admisión e matrícula

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMANDO ADMITIDO PARA O CURSO 24/25

No taboleiro de anuncios do centro atópase exposta a listaxe de alumnado admitido para o vindeiro curso 2024/2025.

Lembrámoslles que entre o 20 e o 30 de xuño de 2024 deben pasar pola secretaría do centro a formalizar a correspondente matrícula, onde lles facilitarán o formulario correspondente.

 

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25

 Ábrese o prazo para presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2024/2025 entre  o 01 e o 20 de marzo, ámbolos dous días incluídos.

Máis información:

 

 

 

 

      INFORMACIÓN XERAL SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN. 

      CALENDARIO ESCOLARIZACIÓN PARA 2024/2025.

      VACANTES OFERTADAS CURSO 2024/2025.

      MAPA DE ZONA DE INFLUENCIA.

      RÚAS DE ZONA DE INFLUENCIA.

      ZONAS LIMÍTROFES.

      CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO.

      MODELO SOLICITUDE DE ADMISIÓN.(galego) (castelán)

      RESULTADO DO SORTEO PÚBLICO DAS LETRAS DE PRIORIDADE EN CASO DE EMPATE.

      NORMATIVA ADMISIÓN ALUMNADO.

      ENLACE Á SEDE ELECTRÓNICA.

      ENLACE Á APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO.

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

Os martes días 27 de febreiro e 5 de marzo de 2024, celebraranse  xornadas de portas abertas cos seguintes horarios: 16:30 h, 17:00 h e 17:30 h.

Aquelas familias interesadas en coñecer as instalacións do centro poderán visitarnos e realizaremos diferentes percorridos polo centro ao tempo que tentaremos aclarar todas as dubidas que se poidan plantexar.

Non é preciso solicitar cita previa.

Agardámolos.

 

INFORMACIÓN PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

INFORMACIÓN PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO  DE 6º DE ED. PRIMARIA PARA O CURSO 2024/2025

 

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA

1.- Solicitude de reserva: Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar do seu fillo/a no seu centro de adscrición (IES Sanxillao), deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I (modelo ED550A)  dende o 15 de xaneiro ao 05 de febreiro, ambos os dous incluídos.

- Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:

a) Entregándoa no centro de orixe do alumno (CEIP Sagardo Corazón).

b) Entregándoa a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

- A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, (salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do día 28 de febreiro de 2024 e así poder participar no proceso ordinario de admisión).

- Esta solicitude de reserva ten prioridade sobre calquera solicitude de admisión para o centro de adscrición. De non participar nesta reserva perderán toda prioridade para ese centro. A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.

- A reserva adquirirá carácter vinculante polo que o/a alumno/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición (IES Sanxillao).

 

2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS E NOVO ALUMNADO (do 1 ao 20 de marzo)

1.- As nais, pais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión no centro elixido utilizando o Anexo II (modelo ED550B) entre o 01 e o 20 de marzo.

 

Distribuir contido