blogue detic

NOTICIA DESTACADA NA SEMANA DA PRENSA

A "xornalista" Silvia Vázquez, de 6ºB achéganos este magnífico artigo sobre o día da muller. A través das súas columnas e da súa fantástica reportaxe poderemos coñecer a historia desas mulleres de principios do século XX que morreron loitando polos seus dereitos como mulleres e traballadoras. Coñeceremos tamén, como este feito deu orixe a unha reivindicación que aínda nos días de hoxe está presente. Moito foi o conseguido pero aínda quedan matices nesta loita pola igualdade entre homes e mulleres.

Non deixedes de ler este interesante artigo! Parabéns Silvia

 

 

A QUEN ME QUERO PARECER?

DÍA DA MULLER. 8 DE MARZO

FIESTRAS PARA ROSALÍA

Días atrás deixamos o mes de febreiro, non sen antes celebrar o día de Rosalía: poeta, galega, nai e sobre todo, grande muller que soubo defender a loita das mulleres a través dos seus escritos. As fiestras serviron de lenzo sobre o que plasmar os seus anceios.

De hoxe nun ano aquí nos terás, Rosalía, lembrando a túa persoa, os teus escritos e o que implicas para os galegos e, sobre todo, galegas.

Deixamos febreiro, o teu mes. 

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Tal día coma hoxe, 24 de febreiro, nacía a insigne poeta e escritora galega Rosalía de Castro. Figura clave da literatura do século XIX, quen devolveu á lingua galega o estatus de lingua culta, en tempos ben complicados para o nosos idioma.

Neste tempos de portas pechadas e confinamentos abramos as nosas fiestras para que nos entre algo da súa rebeldía!.

PARABÉNS ROSALÍA!!

 

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

 

TEMPO DE ENTROIDO

CHEGA O ENTROIDO!!

CHEGA O ENTROIDO!!

A PAZ PERCORRE O MUNDO. TAMÉN O NOSO

DESEXOS DE PAZ EN COR ESPERANZA

No día de commemorar na escola a Paz e a non violencia nenos e nenas saen a cantar ben alto enchidos de "cor esperanza".

Saben que poden, cren que poden, sacan os medos afora e... a por un mundo mellor da man ca música.

 

 

 

 

PALABRAS QUE ESPALLA O VENTO POLO MUNDO

ÁRBORE DOS SOÑOS

REMATA O OUTONO. O QUE NOS DEU DE SI

O outono deste singular ano chega ao seu fin. Na noite do luns 21 comezaremos a estación do inverno. Outra época, outras experiencias e aprendizaxes. Agardemos que sexan igual de ricas que as que este outono nos otorgou.

No seguinte enlace poderedes ver todo canto nos deu de si este tempo cheo de matices, cores, olores e sabores. 

https://drive.google.com/file/d/1wDKEuTd9HR7SCk3-D__41yYZRy28Xfkx/view?usp=sharing

E se de olores e sabores falamos, entrade no noso restaurante e probade a nosa carta de outono. Pratos exquisitos elaborados por mans miúdas e todo a amor do mundo para o deleite de paldares expertos.

Entrade, entrade,... estades convidados!

https://drive.google.com/file/d/1Nj

_CRgmwo5PDC00e3wIPTGp9RDe0W4xC/view?usp=sharing

Se o outono nos deu tanto, que nos traerá o inverno?. En nada o descobriremos.

Grazas e todas e todos pola vosa grande participación, e pedimos disculpas por se algo do que enviástedes quedou sen recoller. 

 

 

 

 

COÑECES AO APALPADOR?

CALENDARIO ESTIÑO

HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA?

Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? Trampantojo: Amazon.es:  Díaz Reguera, Raquel, Díaz Reguera, Raquel: Libros

Autora: Raquel Díaz Reguera

Thule edicións, 2010

 Carlota é unha princesa que está farta da súa realidade de princesas rosas, rás que se converten en príncipes azuis.

Pensa nunha realidade completamente distinta onde non teña que pasar polO desagradable trance de bicar unha rá para conseguir o amor da súa vida. Carlota, inconformista, quere vivir outras aventura, cazar dragóns, voar en globo, navegar na procura de piratas...

Mil aventuras cun toque de humor que nos permiten saír dos estereotipos, falar da igualdade entre sexos e evitar calquera etiqueta.

Nenos e nenas da clases de 6º de EI, imaxinaron cómo lle gustaría ir vestida a Carlota para disfrutar das mil e unha aventuras lonxe do castelo e do estanque das rás a bicar.

 

25 DE NOVEMBRO, MANS UNIDAS CONTRA A VIOLENCIA

MANS GRANDES, MANS MEDIANAS, MANS PEQUENAS UNIDAS FRONTE Á VIOLENCIA DE XENERO. ESTAS MANS ENCHEN A BIBLIOTECA E POÑEN OS LIBROS A DICIR, NON!!, NON MÁIS DANO, NON MÁIS INSULTOS, NON MÁIS MALTRATO. 

NO CANTO DE TODO ISTO ESTAS MANS QUEREN ACARIÑAR, BICAR, FACER CÓXEGAS,... DAR ALOUMIÑOS. 

CÓMO RESISTIRSE A ISTO? NO LO DIN BEN CRARIÑO OS NENOS E NENAS, QUE ALGO SABEN DE DAR AMOR SEN PEDIR NADA A CAMBIO. 

MANS UNIDAS FRONTE A TODO, QUE NON SE SOLTEN NUNCA, EA.

 

25 DE NOVEMBRO, MANS UNIDAS CONTRA A VIOLENCIA

https://youtu.be/YNeyVMks9Tk

 

SER NENO, SER NENA

 

Desde que no 1989, 192 países se comprometeran na Convención sobre os Dereitos do Neno, a infancia está considerada como un suxeito de pleno dereito: nenos e nenas son cidadáns de seu con dereitos, e non só como un obxecto de protección.

Mais aínda, no ano 2020, queda moito por facer. En ocasións a alguén se lle esquece que nos ten que coidar, protexer, porque somos o futuro do mundo pero tamén, o presente, o agora. E así o berramos ben alto cada 20 de novembro, día no que celebramos en todo o mundo o Día Universal do Neno.

Escritos e ratificados polo mundo están os nosos dereitos pero non sempre están garantidos por iso se oe esa voz que atravesa as pedras das nosas aulas:

NACEMOS LIBRES, NACEMOS IGUAIS

TEMOS DEREITOS UNIVERSAIS

A ver ser se así se nos escoita e nin un só neno no mundo, nin unha soa nena no universo, queda sen educación, alimento, mimos ou agarimo.

 NACEMOS LIBRES, NACEMOS IGUAIS

TEMOS DEREITOS UNIVERSAIS

... Unha vez máis por se non se escoitou o suficiente.

 

Creación baseada na letra da canción "los lunnis la canción de los derechos"

Autores da canción: Elisenda Guiu Pont / Andrés Server Muntaner / Elena Sara Carbonero / Gautama Del Campo

 

 

FORA DE AQUÍ MONSTRUO VERDE!!

A semana dos medos non quedou só na biblioteca. As aulas tamén se enfrontaron e el. Así nas clases de 5 anos foron descubrindo ao longo das páxinas do libro FORA DE AQUÍ HORRIBLE MONSTRUO VERDE de Ed Emberly, (Primeras Travesías), uns dentes brancos e afiados, unha boca vermella, un longo nariz azul, unhas greñas de punta de cor púrpura... OGGGG, UN HORRIBLE MONSTRUO de cor verde resultou ser!!!

Mais os nenos e nenas valentes e gallardos cun "NON NOS ASUSTAS" botaron o medo e ao mostruo fóra.

Tanto é así que ata se atreveron a reproducilo, mira ti que medo lles deu,... Ningún!!.

O mesmo que as pantasmas de 3º... Medos neste cole? Para nada. Estes nenos e nenas están dispostos a comerse ao mundo e a quen faga falta! Quen dixo medo?

SAMAÍN NA BIBLIOTECA DO COLE

 

 

 Durante a celebración do Samaín a nosa biblioteca encheuse de personaxes tenebrosos para poñernos en situación e experimentar esta festa tan nosa.

Un esqueleto dávos a benvida coa bola do mundo onde penduran estes personaxes de medo relacionados coas distintas culturas polo mundo adiante.

Distintos lugares, diferentes personaxes, un mesmo fin: Amendrentar, pór en alerta, sacar o medo a pasear para protexernos e estar atentos ante o descoñecido.

Samaín ou como lle din nos países anglofalantes, Halloween, é o momento onde as meigas, a Santa Compaña e o conxuro coa auga ardente para espantar aos espíritus na nosa galicia, saen en procesión xunto á Meiga do Oeste en Kansas, á Catrina de México, á calavera de Piratas no Caribe, ao Diaño en Tasmania, ao Frankenstein na Suíza, ao Xorobado de Notre Dam en París, ao Drácula en Transilvania, a Familia Adams en Nova York, as momias en Exipto 

Nas fotos pódese ver a presentación do Samaín acompañados de obxectos relacionados co tema.

No segundo panel a representación de varias Comunidades Autónomas acompañadas do correspondente personaxe típico da tipoloxía do medo.

Ata o libros saíron dos seus estantes para disfrazarse e dar medo: Pantasma, Meiga, Diaños, Cabaza.

Un HORROR DE TOMO E LOMO!!

 

 

CONTOS TERRORÍFICOS

 Ola a todos e todas!!!

Que tal quedástedes da festa do Samaín? Nesta terrorífica semana as aulas enchéronse de seres monstruosos, personaxes que dan medo. Polo mundo adiante andan vagando para meternos o medo no corpo pero non o dan conseguido.

Valentes como sodes, atrevédesvos a ler estes terroríficos contos escritos e moi ben imaxinados polas mentes privilexiadas de nenos e nenas de 3º de primaria.

UAHHH! UAHHH!, AQUÍ VOS AGARDO...UAHHHH!! 

SAMAÍN NO SAGRADO

Chegou o 31 de outubro, a noite escura que, grazas a lúa chea que haberá, non o será tanto.

Demos a benvida a unha das noites más tradicionais da Galicia ancestral: A noite de Samaín. De acordo coa cultura dos nosos ancestros, a noite que indica o fin do verán, iso é o que significa a palabra SAMAÍN.

Entramos na noite máxica na que, según contan as lendas, é máis fácil transitar entre os dous mundos, o dos vivos e o dos mortos

Noite de cabazas cal caveiras que dan medo, iluminadas con candeas para alonxar aos malos espíritus.  

GRAZAS, GRAZAS por axudarnos a recrear a tradición e permitirnos entrar nas vosas casas cheas de caveiras terroríficas, Grazas por amosarnos tanta destreza,  creatividade e orixinalidade.

Poderedes ver o resultado no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1N7qFapHXC3p9rDkNdN-vUUlzbykvlwgY/view?usp=sharing 

 

 

 

 

 

 

 

24 de Outubro. DÍA DAS BIBLIOTECAS: SEMPRE AO TEU CARÓN

Así é, as bibliotecas que acollen os libros con todo o seu mimo, sempre van estar cando as necesitamos. Nelas poderemos atopar libros de toda clase: libros para evadirnos, para descubrir novas aventuras, novos mundos e novas realidades, libros para investigar, para estudiar, para rir e, ás veces, mesmo chorar, libros para sacar os nosos medos agochados... libros para o que cada un, unha queira.

Que mellor forma que a traverso dun libro para abordar eses medos que se nos meten no corpo e non nos deixan tranquilos/as. Non pensas o mesmo?

Para agasallar á nosa biblioteca no seu día aquí vos deixamos este enlace con algúns títulos que hai na biblioteca e que non fan poñer os pelos de punta e nos dan arrepíos. Atréveste a abrilo? Que o medo non cho impida!!

https://drive.google.com/file/

d/1CwOG0JV7G8a0CCLfIJWBk6BxtWhJoHoF/view?usp=sharing

 

 

BENVIDOS AO CURSO 2020/2021

BENVIDAS NENOS, NENAS E FAMILIAS, PROFESORADO DESTE CENTRO

Iniciamos un novo curso, un curso ben distinto polas medidas que temos que adoptar todos e todas polo ben da nosa saúde. Todo está a marchar de maravilla, nenos e nenas están sendo uns exemplos de actuación, aguantando máscaras, medidas de hixiene, e gozando en espazos limitados para o xogo, pero como ben sabedes, de nenos e nenas é ser feliz con calquera cousa. Esa é a súa virtude e a súa sorte.

Este blogue vai ser a canle prinicpal para comunicarnos de todo canto se faga desde a biblioteca e a dinamización da lingua galega. Estade atentos porque haberá moitas sorpresas a pesar de toda esta situación. Pedímosvos a colaboración no que poidades, porque non podemos facer moitas cousas se non é a través deste recurso que temos. Moitas grazas, Aquí vos agardamos.

Aló imos!!

FIN DE CURSO

Despois  dun curso no que tivemos que pasar por unha situación das máis raras e complexas nas nosas vidas,  e como non, nas nosas escolas, so nos queda felicitarvos porque estivestes á altura e superastes un importante reto, non exento de esforzo.

 O equipo  da Biblioteca queremos dar as grazas  a todo o alumnado, profesorado e familias pola vosa colaboración . O ensino non se entendería sen todas as vosas achegas.

Agora toca un merecido  descanso no que non esquezades acompañarvos dunha boa lectura que fará voar a vosa imaxinación.

Boa lectura e bo verán.

 

O PAPAGAIO

Aquí vos deixo o xornal O Papagaio do mes de xuño.

 Pincha no enlace para ver:

https://www.flipsnack.com/edicionsmoitoconto/o-papagaio-9-xu-o.html

Distribuir contido