blogue detic

VISITA DO CLUBE BALONCESTO BREOGÁN

Os xogadores Christian Díaz e Alec Brown e o adestrador axudante Pablo Abuín estiveron no noso centro.

Un auditorio cheo e con ducias de mans erguidas para facer preguntas aos xogadores, recibiu aos celestes, que micrófono en man, responderon cada dúbida e descubriron que entre os alumnos e mestres hai moitos habituais na grada do pazo.

Tras unha charla na que se falou, entre outros temas, da importancia do adestramento e traballo diario ou dos inicios dos xogadores no mundo do deporte, os visitantes asinaron autógrafos aos nenos e nenas  que o solicitaron e remataron a visita percorrendo as aulas de educación infantil para estar cos máis cativos.

AÚPA BREO!!!

Podedes ver as fotos no seguinte enlace:

 https://drive.google.com/drive/folders/1Gwb-G_smPak7zCRWG2ZFggASocnvQ_zO?usp=sharing

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Tratando de chegar a Ciencia aos nosos nenos e nenas, decidimos facer unha exposición de libros e películas na biblioteca relacionados con ese mundo, porque pensamos que unha sociedade ben informada e ben educada é difícil de manipular.

Por todo, recomendarvos que aproveitedes esta ocasión para botarlles unha ollada e levalos en préstamo.

Dentro do Proxecto: A volta ao mundo, os nenos e nenas de terceiro B fan a súa achega ao mundo da ciencia cun traballo de Investigación sobre os Inventos Chineses antigos e actuais.

No seguinte enlace podedes ver as fotos da exposición e os murais.

https://drive.google.com/drive/folders/

1WdvDTfHnimAiWhI3qJZnv1FV16doCgEB?usp=sharing

 

CALENDARIO ESTIÑO

Colaboración co colectivo Estiño na realización do calendario para este curso.

Estes son os nosos debuxos, que este ano son sobre as flores. Ao noso cole correspondeulle a LEITARIGA.

 

Todas as fotos na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/drive/folders/

1goqSzO2YzMq6HkyQepfZBuwwKrHQpRKB?usp=sharing

Podedes ver como se montou o calendario na seguinte ligazón:

https://youtu.be/ZjbLySKF6gc

 Fai clik no enlace para ver o resultado final:

https://drive.google.com/drive/folders/1yMyI-h4zXbLTFpJf8yv4hTBKT5pvCAKC?usp=sharing

25 DE NOVEMBRO, NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

O verdadeiro respecto é o único que poderá vencer todas as violencias, tamén a de xénero.

Mural e video realizado por todo o alumnado.

Video colaborativo de 70 centros galegos no que participamos co noso mural.

XOGOS SAMAÍN

TRES EN RAIA

PUZZLES

SUDOKU

XOGOS SAMAÍN

XOGO DOS ANEIS

MÉMORY

 DOMINÓ

CONTOS DE MEDO

CURSO2018-2019

BENVIDOS AO CURSO 18-19.

De novo comezamos un novo reto na Biblioteca. Agardamos a vosa colaboración para que Legolingua bote a andar coas vosas achegas.

Este curso levaremos a cabo o proxecto  titulado A VOLTA AO MUNDO. Xa vos irá  dando información a nosa mascota SAGRALEO.

Un dos primeiros traballos que realizamos no DÍA DA BIBLIOTECA, O DÍA 24 DE OUTUBRO, foi a informatización dos préstamos e devolucións. Todos tedes o voso carné de biblioteca, así que animádevos a aprender a realizar o préstamo coa axuda dos vosos profes, é doado.

Ese mesmo día entregámosvos a MOCHILA VIAXEIRA cargada de sorpresas. Gozade da lectura!

A continuación subiremos os traballos do SAMAÍN: Xogos de mesa. puzles, dominós, tres en raia, bingos, mémoris, dobres, sombras chinescas...e contos de medo feitos coas vosas mans, todos con motivos de Samaín.

VIDEO SAMAÍN

 

 

FIN DE CURSO 17/18

Xa chegamos  á meta!. 

O Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega agradecemos a colaboración de toda a Comunidade Educativa.Sen as vosas achegas de materiais e traballos, este blogue  e a marcha da Biblioteca, non serían posibles.

Botade unha ollada á Revista O Golpe, onde queda reflexado un resumo de todo o curso. Tamén Sagraleo, a nosa mascota da Biblioteca, nos recomenda algunha lectura para o verán.

Que teñamos un bo verán lector.

 

 

>

MÚSICA NO CAMIÑO

A clase de Música fixo a súa achega ao Proxecto do Camiño Primitivo elaborando instrumentos tradicionais de reciclaxe, que acompañaron as distintas manifestacións artísticas nas conmemoracións realizadas ao longo do curso: Samaín, Entroido, Nadal , Letras Galegas....

Pincha no enlace para ver as fotos:

 https://drive.google.com/open?id=1Tj90TnyPSxheFTxQcEtb0BXiV5yzZmTR

 

ABECEDARIO DO CAMIÑO

O alumnado de PT e AL do noso colexio colaborou no proxecto coa realización dun abecedario interactivo cos termos máis significativos do Camiño Primitivo.

 

GUÍA DO CAMIÑO. 3º A E 3º B

Os nenos e nenas de terceiro de primaria fixeron unha guía para facer o Camiño Primitivo dunha forma segura: Todos os camiños, Un pouco de historia, Etapas, Ventaxas e Inconvintes, Calzado, elección da mochila, o imprescindible para a viaxe, alimentación e educación.

Este lapbook é un recorrido pola Muralla de Lugo. Feito polo alumnado de 6ºA. Móstrannos un percorrido pola nosa historia a través dos seus ollos e dos Ollos Lucenses: A Muralla.

Podes ver o video no seguinte enlace:

https://drive.google.com/open?id=1FqHxnc2-wqB2GmZFFdB55J_ffp9LSmWy

PLANO -MURAL DO CAMIÑO PRIMITIVO NA CIDADE DE LUGO 

Traballo do alumnado de 6º B en goma eva. Guíannos polo Camiño Primitivo dentro da cidade, informándonos de rúas, edificios históricos, muralla, monumentos relixiosos, museos.. 

Accede as fotos no seguinte enlace:

https://drive.google.com/open?id=1lxsq_Y6-jnDN1jLDi8UXnBYPNIE78cdd

 

 

 

 

Letras Galegas 2018

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas leváronse a cabo diferentes actividades nos distintos niveis de Educación Infantil e Primaria. Algunhas destas actividades podedes velas premendo na imaxe que se mostra a continuación:

 

 

FOTOS DAS ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS NO SEGUINTE ENLACE:

https://drive.google.com/open?id=1aCcsfFwXEJTKddo3m48I6FWZbR8DWr-w

RECITAL LETRAS GALEGAS NO SEGUINTE ENLACE:

https://drive.google.com/open?id=1QeKp1esn_aLAu0sK8LnTDm2i93PDbafT

O Camiño Primitivo dende un photocall

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria elaborou un photocall na materia de Plástica. Nel atopamos un peregrino coa vestimenta tradicional diante da Porta de San Pedro, unha porta que serve de entrada á cidade de Lugo para todos aqueles que fan o Camiño Primitivo.

 

 

 

Por outra banda, os nenos e nenas de 5º e 6º tamén elaboraron un póster a modo de mosaico no que se pode observar outro peregrino. Neste caso, este póster foi empregado para aprender o vocabulario da roupa tradicional así como algún obxecto que porta dito peregrino, como a cuncha da vieira, a alforxa, a cabaza ou o bastón. Este vocabulario atópase en galego e en inglés, pegado ao póster cuns velcros polo que se poden sacar os termos e volvelos a colocar para interiorizar o vocabulario en ámbolos dous idiomas.

 

No seguinte enlace atoparedes un vídeo que amosa algunha imaxe do proceso de creación das anteriores actividades:

VER VIDEO

 

O CAMIÑO PRIMITIVO NA NOSA CIDADE

 O alumnado de 5º de Primaria estivo traballando sobre o Camiño Primitivo ao paso por Lugo.

 Todo o noso traballo está recollido no seguinte póster dixital, que inclúe vídeos, códigos QR e podcast.

 

SAÍDA AO VELLO CÁRCERE DE LUGO

 Os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria realizaron unha saída á Muralla de Lugo e ao Vello Cárcere.

Edificio construído no ano 1887 como cárcere modelo de estado. Hoxe pertence ao noso patrimonio como ese lugar que da paso á reflexión sobre o pasado acontecido, un "espazo de memorias" onde o valor do edificio vai ligado a súa historia e ao conxunto de memorias das vítimas e de toda a sociedade afectada polos procesos traumáticos vividos arredor del.

Enlace as fotos: https://drive.google.com/open?id=1UNowAQttb-vsWq_HZ63ls80uZZ6LtTC3

XOGO DA OCA DO CAMIÑO PRIMITIVO

  Os nenos e nenas de Segundo A de Primaria coñeceron o Camiño a través da investigación, das artes plásticas e do xogo. Así construiron un xogo da Oca no que fan o camiño de forma lúdica e aprenden e disfrutan do Patrimonio que ten Lugo e os seus arredores.

Fotos e video no seguinte enlace:

https://drive.google.com/open?id=15V2JCvT4k7BwbUYfZcQnjG28DtVHVr8D

 

 

 

 

DÍA DO LIBRO 2018

 

Actividades realizadas durante a Semana do Libro:

Lectura_Representación dunha adaptación de El Quijote, escrito e ilustrado polos alumnos e alumnas dos dous cursos de segundo de primaria.

 


Esta e a dirección do enlace para acceder ao video:
 
ESCALEIRAS LECTORAS
Recomendacións lectoras do alumnado de terceiro e cuarto de primaria colocadas nas escaleiras de todo o centro. Accede  pinchando no enlace: https://drive.google.com/open?id=11vjOqPQpT3gLVhxkPhvrhANcLTJJ9gbW
 
CHARLA-COLOQUIO CO ESCRITOR  DAVID VÁZQUEZ ÁLVAREZ
Actividade do alumnado de quinto e sexto de primaria na que os nenos e nenas puideron entablar un coloquio co autor sobre a obra lida durante o curso: A illa do silencio.
 
MARCAPÁXINAS-AGASALLO DA BIBLIOTECA

VISITA AO MUSEO DIOCESANO CATEDRALICIO DE LUGO

Actividade encadrada dentro do Proxecto O Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo.

 Visita dos nenos e nenas de quinto e sexto de Primaria ao Museo Diocesano Catedralicio de Lugo, onde Carolina Casal Chico, museóloga e conservadora do museo, desenvolveu unha actividade titulada “Tecendo ao redor do patrimonino cultural”.

 Carolina contoulles aos alumnos o que é o patrimonio cultural, a relación das persoas co patrimonio, as institucións encargadas de velar pola súa protección, o traballo que se fai nas “Institucións da memoria” como son os museos e os arquivos, ou os novos produtos culturais: o uso do patrimonio cultural como recurso turístico, o turismo cultural, as empresas culturais, etc.

Ao final contamos cun regalo especial "Un paseo polas nubes" onde gozamos da visita ás torres da catedral e das fermosas vistas da nosa cidade.

Moitas grazas Carolina por todo o que aprendemos sobre o noso patrimonio.

 

 

+ CAMIÑO

 Traballos sobre o Proxecto O Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo do alumnado de Educación Infantil 5 anos, de Segundo B  e de 4º B de Educación Primaria.

 


 
  • Charla da Asociación de Amigos do Camiño de Lugo sobre o Camiño de Santiago-Camiño Primitivo, que tivo lugar no Salón de Actos no mes de Marzo.
  •  Exposición Bibliográfica sobre o Camiño Primitivo na Biblioteca do Centro:
 

ABRIDE A FIESTRA A ROSALÍA

Segundo a proposta da AELG, Asociación de Escritores en Lingua Galega, conmemoramos un ano máis o Día de Rosalía de Castro.

O noso alumnado realizou accións de difusión da súa obra, pendurando das fiestras do colexio traballos poéticos e plásticos, que recollemos no seguinte video

GALERÍA FOTOGRÁFICA: ENTROIDO NO CAMIÑO 2018

Podes acceder as fotografías pinchando no enlace: https://drive.google.com/open?id=1VN83YvnFWZQUkQgimJiuiyZiSngZBHmy

ENTROIDO 2018

VIDEO DA EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS DE RECICLAXE

 

 

ENTROIDO 2018

Todas  as actividades xiran arredor do PDI deste curso: O Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo.

II CONCURSO-EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS DE RECICLAXE

O Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convídanvos a participar na elaboración de máscaras feitas con materiais de reciclaxe.

Tema: O Camiño Primitivo (Relacionado co proxecto que estamos a desenvolver neste curso).

Propostas: Máscaras con temática do Camiño de Santiago (xograres, trovadores, instrumentos musicais,  monxes, manuscritos,  cabaleiros, escudos, damas, peregrin@s , tiraboleir@s,  botafumeiro, pousadeir@s, gárgolas, símbolos e sinais do camiño, uteis dos peregrinos, dragóns…

Cada participante poderá acompañar a súa máscara dalgunha lenda, cantiga medieval ou información sobre a propia máscara.

Haberá premios para as máscaras máis orixinais e que máis relación teñan co tema proposto. Expoñeranse na Biblioteca do Centro.

O último día de recollida de traballos será o luns 5  de febreiro.

ENTROIDO 2018


 
 

NON HAI CAMIÑOS PARA A PAZ. A PAZ É O CAMIÑO.

Deixamos as nosas pegadas no Camiño pola Paz neste 30 de xaneiro Día Escolar pola Paz e a non Violencia.

Traballos plásticos e acto musical conxunto de toda a Comunidade Educativa plasmado neste video.

Pincha no enlace: https://drive.google.com/open?id=1Jjp2Wnr2v2tWAVR8ci5kMvIgEmkNhUT-

BO NADAL

 Xa rematado este primeiro trimestre, so queremos desexarvos unhas boas festas de Nadal a través desta felicitación gañadora no concurso de postais de nadal feita por Aroa de sexto.
Sagraleo recoméndavos alguns libros que podedes pedir a Papá Noel ou aos Reis, porque xa sabedes o que nos di a nosa mascota: "A lectura fainos libres"

Boas e merecidas vacacións.

 

BESTIARIO. GÁRGOLAS NO cAMIÑO

Realizado polo alumnado de quinto e sexto de primaria polo Samaín e dentro do Proxecto que estamos realizando neste curso: "O Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo".

 

DEBUXA O TEU MONSTRO. MONSTROS NO CAMIÑO

Traballo realizado polos nenos e nenas de Educación Infantil, Primeiro, Segundo, Terceiro e Cuarto de Primaria no Samaín e relacionado co Proxecto que estamos a desenvolver neste curso: " O Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo".

 

 

25 DE NOVEMBRO, NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O profesorado do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín, propón a nivel Autonómico a seguinte actividade de sensibilización:

Co formato twiter, paxaro incluído, facer un mural co hastag

#Equaliter, poñendo unha frase dos nenos en contra deste tipo de violencia.

Exemplo: #EqualiterPorunmundomellor,

#EqualiterNuncamais….

O Equipo da Biblioteca propoñemos facer tres hastags por clase. Os nenos que non saben escribir poden facelo cun debuxo: #Equaliter debuxo.

Cada frase pode colocarse nun tercio dun folio en vertical.

O mural colocarase na Biblioteca.

A data de entrega dos hastags sería o 23 de novembro, porque hai que enviar fotos o 24 de novembro para a realización dun video que editarán no colexio de Abadín.

FOTOS MURAL SAGRADO CORAZÓN

 https://drive.google.com/drive/folders/

1isiWuzXjuf943cS0Xz1D1RJvi8xmlpE3?usp=sharing

VIDEO realizado polo colexio de Abadín coa colaboración de 30 colexios a nivel autonómico, entre eles o noso, para concienciar sobre esta lacra social: A violencia de Xénero.

Enlace: https://youtu.be/gQCoTo5Ov2E

VIDEO SAMAÍN: MONSTROS NO CAMIÑO

Distribuir contido