25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O profesorado do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín, propón a nivel Autonómico a seguinte actividade de sensibilización:
Co formato twiter, paxaro incluído, facer un mural co hastag
#Equaliter, poñendo unha frase dos nenos en contra deste tipo de violencia.
Exemplo: #EqualiterPorunmundomellor,
#EqualiterNuncamais….
O Equipo da Biblioteca propoñemos facer tres hastags por clase. Os nenos que non saben escribir poden facelo cun debuxo: #Equaliter debuxo.
Cada frase pode colocarse nun tercio dun folio en vertical.
O mural colocarase na Biblioteca.
A data de entrega dos hastags sería o 23 de novembro, porque hai que enviar fotos o 24 de novembro para a realización dun video que editarán no colexio de Abadín.
FOTOS MURAL SAGRADO CORAZÓN
https://drive.google.com/drive/folders/
1isiWuzXjuf943cS0Xz1D1RJvi8xmlpE3?usp=sharing
VIDEO realizado polo colexio de Abadín coa colaboración de 30 colexios a nivel autonómico, entre eles o noso, para concienciar sobre esta lacra social: A violencia de Xénero.