PROXECTO HEROES POLO BARRIO

Os nenos e nenas de primeiro, segundo, terceiro B e sexto B de Primaria, son os protagonistas das cartas de agradecemento a todas aquelas persoas que neste confinamento traballan para manternos a flote.

 Esta iniciativa da que se fai eco o escpazo A Revista da TVG, xira arredor da problemática derivada da crise do covid-19. E como non podemos fuxir da realidade, cremos positivo implicar ao alumnado propoñéndolle dúas actividades. Nunha delas invitóuselles a escribir una carta ao Hula. Podían dirixirse a doentes, persoal sanitario, da limpeza ou  mesmo da xerencia.

A outra actividade buscaba recoñecer o traballo que persoal esencial desenvolve estes días no noso barrio. As cartas, nesta ocasión, ían dirixidas aos responsables e persoal da confeitaría Medraño, das tendas de alimentación do Polígono do Sagrado Corazón, da libraría Alecrín, do estanco Rama, do Gadis, de Abanca, así como da farmacia e do centro de saúde.

 Podedes ver algunhas das cartas no artigo do blogue adicado ao Día do Libro. Tamén podedes visualizalas no seguinte enlace a un video que os vosos profes fixeron.

Parabéns a tod@S.

https://www.youtube.com/watch?v=6iHPxdiu54E

DÍA DO LIBRO DENDE A CASA

Podedes acceder a os vosos traballos premendo nos enlaces que irei subindo a medida que vaian chegando. Ánimo, que aínda estades a tempo! Moitas grazas a todas e todos os colaboradores neste esforzo colectivo.

Feliz día do Libro e Boa lectura!

VIDEO SEGUNDO PRIMARIA.

Cartas de agradecemento para o persoal sanitario e veciños do barrio.

https://www.youtube.com/watch?v=fnVFYrxJWTg

 

LECTURAS TERCEIRO B PRIMARIA

Recomendacións lectoras e pequenas lecturas.

 https://drive.google.com/drive/folders/

1bZagjoKwkICZ8a5xhnNWqqBUNL5VZunV?usp=sharing

 

RECEITAS  TERCEIRO B  PRIMARIA

https://drive.google.com/drive/folders/

1xVKMshy7mFw3lM2BUPa4O_-Zi16RtAOL?usp=sharing

 

AUDIOS, CARTAS E DEBUXOS TERCEIRO A PRIMARIA

https://drive.google.com/drive/folders/

1lW31YIxlXsNPNri79Y0OoAW9R8OYfeHa?usp=sharing

 

CONFINAMENTO TERCEIRO B

https://www.youtube.com/watch?v=Y3ljrWZ_glg&feature=youtu.be

 

HEROES DO NOSO BARRIO POR SEXTO B

https://www.youtube.com/watch?v=fJyQE9BR2MY&feature=youtu.be

 

DAVID CUARTO A E IRIA 5 ANOS

https://drive.google.com/drive/folders/1W78Uyab-QIxLBAXWy4GZZEwS6ZO_K3S2?usp=sharing

 

VIDEO QUINTO DE PRIMARIA

https://drive.google.com/open?id=1ZqTW9EWauq6OwQzS5glbLOD4_AfDY_Pt

NOVAS DÍA DO LIBRO

CONTACONTOS E EXPOSICIÓN DE MANUEL COLMEIRO ON LINE

Día do Libro no MARCO

Xoves 23 de abril 2020

O MARCO celebra o Día do Libro cunha sesión especial de contacontos online para público familiar, un avance da súa publicación sobre o artista Manuel Colmeiro, e unha nova edición da experiencia de Bookcrossing na rede, en colaboración con outros museos e centros de arte.

#DíadoLibro #DíadelLibro #BiblioMARCO #MARCOencasa #euquedonacasa

Sesión de contacontos online, con María Xosé Martínez

“As luces que se acenden e se apagan”, baseado no libro de Ramón Trigo (Editorial Kalandraka)

Emisión: xoves 23 abril ás 12.00, a través da web do MARCO, redes sociais e Youtube

Unha iniciativa da Biblioteca-Centro de documentación do MARCO para público familiar.

https://bit.ly/2VoT1o6

Maria Xosé Martínez, membro do equipo de didáctica do MARCO e autora con amplia experiencia en actividades educativas para público infantil e familiar, ofreceranos en primicia unha sesión de contacontos teatralizada, baseada na historia do artista, ilustrador e escritor Ramón Trigo, no seu libro As luces que se acenden e se apagan (Editorial Kalandraka). A actividade será accesible a través da web do MARCO, o seu perfil en redes e o seu canle de Youtube. Unha excelente oportunidade para compartir en familia esta experiencia dirixida a públicos de todas as idades!

Cada quen ten unha luz que se ilumina na súa cabeza cando xorden boas ideas…

Quen non desexa que os seus soños se fagan realidade cando menos unha vez na vida???

Esta historia convídanos a reflexionar sobre a nosa percepción de nós mesmos no mundo, sobre os nosos desexos, a forza da vontade, o tesón e a superación dos nosos propios medos.

Isto e moito máis podemos aprender a través desta sinxela e fermosa narración que permite adentrarse no universo creativo dos artistas…

+ INFO http://www.marcovigo.com/content/novas

 

Avance publicación

Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos

Catálogo da exposición producida polo MARCO e comisariada por X. Carlos L. Bernárdez

Tal como estaba previsto dende a xornada inaugural, no MARCO continúase a traballar a fondo no deseño e contidos da publicación Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos, resultado da exposición do mesmo nome, á espera de poder percorrela de novo en directo nas salas do 1º andar.

Producida polo MARCO e comisariada por X. Carlos L. Bernárdez, tanto a mostra como a publicación configúranse a partir dunha coidada investigación e relectura do sentido, obxectivos e incidencia da obra dun dos pintores chave na historia da arte galega.

+ INFO http://www.marcovigo.com/content/manuel-colmeiro-espazos-e-encadramentos

 

NESTE ENLACE TEDES UN PROGRAMA COMPLETO DE MÚSICA, CONTACONTOS.. PARA DISFRUTAR NO DÍA DO LIBRO.

https://www.youtube.com/watch?v=DAkAbqFwgOo&list=UUTIsd9fvX4IC5_19AewwJJA

 

 

TEATRO DENDE A CASA

Ola a tod@s!

Andades por aí? Se vos gusta o teatro, temos a posibilidade de disfrutar da obra completa Radio Pirata da produtora Quetramas Produccións, que hoxe, venres 17 as 17 h, emite on line dende a seguinte dirección:

https://youtu.be/lDqioL2NSYE

RECORDA: VENRES 17 AS 17H

PASADEO CHUPI!

HORA DE LER NA CASAII

 

Queridos nenos e nenas, seguimos con vós. Esperamos que tod@s, xunto coas vosas familias, esteades ben de saúde. Unha das cousas importantes para sobrelevar esta situación é que vos deixedes acompañar pola lectura.

A continuación deixámosvos uns enlaces nos que podedes descargar lecturas para todas as idades e tamén audios e videos. Desfrutade  deles.

Ánimo e forza para seguir!

 BAÍA EDICIÓNS CON VÓS NA CASA

"En Baía Edicións estamos convencidas de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos. En consecuencia, non enviaremos libros, xa que pasan por moitas mans durante a viaxe.

Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa."

 

 Campaña "Con vós na casa": Descarga de lecturas para tódalas idades.

 https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

 

Campaña "Olla O Papagaio": Descarga de exemplares do xornal.

http://www.edicionsmoitoconto.com/2018/10/o-papagaio-dixital.html

 

Contos contados en Kalandraka TV

http://www.kalandraka.tv/gl/

 

Dende o seu grupo A Xanela do Maxín ofrece o video completo da obra: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.

https://www.youtube.com/watch?v=ZPzYVO5Jx9Y

 

Podedes descargar o novo cómic, "Carriandola"

https://airaeditorial.gal/noticias/le-de-balde-novo-comic-carriandola/

 

 Enlaces gratuitos para escoitar libros e historias de audio para todas as idades. 

 https://stories.audible.com/discovery/enterprise-discovery-21103929011?ref=adbl_ent_anon_ds_ds_dbb_0-0

 

A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.

https://www.galiciale.gal/

 

https://www.loqueleo.com/es/noticias/actualidad/loqueleo-en-casa

ESTAMOS XUNTOS DENDE A DISTANCIA

Queridas familias e alumnado. O noso primeiro desexo é que se atopen ben de saúde. E como ben di o título, queremos estar xuntos dende a distancia nesta situación extraordinaria que nos tocou vivir. Por eso, a Comunidade Educativa da nosa escola realizamos este pequeno video para vos.

Premede no enlace para vsisualizalo.

https://drive.google.com/file/d/

19a5IMNwQo9IiXINITSN9DYGBJMGFhrXT/view?usp=sharing

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso