LETRAS GALEGAS 2019

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

PROPOSTAS

Co motivo da Semana das Letras Galegas que neste ano está adicado ao escritor ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS, o EDLG e o E. da Biblioteca, propoñemos as seguintes actividades:

E.INFANTIL

Debuxos sobre os distintos oficios tradicionais galegos: labreg@s, pescador@s, mariscador@s, ferreir@s, oleir@s, zoqueir@s, cesteir@s, afiador@s, tecelás, canteir@s…cunha referencia ao oficio e as ferramentas utilizadas.

1º-2º CURSO PRIMARIA

Traballos sobre o traxe rexional galego: as súas pezas cos seus nomes, para home e para muller. Posibilidade de facer un photocall.

3º CURSO

Recollida de cantigas, adiviñas, ditos, refráns… da nosa tradición oral, con debuxos alusivos.

4º CURSO

Investigación sobre Santuarios e Romarías de Lugo e a súa provincia…con debuxos alusivos.

5º CURSO

Mural cronolóxico dos principais escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas.

6º CURSO

Biografía e liña do tempo sobre Antón Fraguas Fraguas, autor homenaxeado neste ano.

SECCIÓN BILINGÜE

Traballo Plástico sobre Antón Fraguas.

OBRADOIROS DE OFICIOS TRADICIONAIS GALEGOS:

Durante a Semana das Letras Galegas, contaremos coa presenza dunha cesteira, dun Ferreiro, dunha oleira e dunha tecelá, que nos explicará o proceso de elaboración do liño.

 

RECOPILACIÓN DE TRABALLOS

TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA

 SANTUARIOS E CANCIONEIROS 

 
 
 

 

SANTUARIOS DE GALIZA


 

LUGO MÁXICO

A semana do 6 ao 12 de maio celebrouse en Lugo a Semana da Maxia. No colexio tivemos  un mago excepcional que nos fixo pasar pasar unha hora máxica.

Fai click no enlace para ver as fotos.

https://drive.google.com/drive/

folders/13OO76xWL6ORovhITiFrDmQuvRUF7wCMx?usp=sharing

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso