Os nenos e nenas de primeiro, segundo, terceiro B e sexto B de Primaria, son os protagonistas das cartas de agradecemento a todas aquelas persoas que neste confinamento traballan para manternos a flote.
Esta iniciativa da que se fai eco o escpazo A Revista da TVG, xira arredor da problemática derivada da crise do covid-19. E como non podemos fuxir da realidade, cremos positivo implicar ao alumnado propoñéndolle dúas actividades. Nunha delas invitóuselles a escribir una carta ao Hula. Podían dirixirse a doentes, persoal sanitario, da limpeza ou mesmo da xerencia.
A outra actividade buscaba recoñecer o traballo que persoal esencial desenvolve estes días no noso barrio. As cartas, nesta ocasión, ían dirixidas aos responsables e persoal da confeitaría Medraño, das tendas de alimentación do Polígono do Sagrado Corazón, da libraría Alecrín, do estanco Rama, do Gadis, de Abanca, así como da farmacia e do centro de saúde.
Podedes ver algunhas das cartas no artigo do blogue adicado ao Día do Libro. Tamén podedes visualizalas no seguinte enlace a un video que os vosos profes fixeron.
Parabéns a tod@S.