VIDEOPOEMAS
Escolma de poemas de Manuel María recitados por nenos e nenas que representan a diversidade lingüística da nosa escola, dándonos a coñecer a riqueza cultural e a beleza do galego e da súa lingua materna, como medio de expresión, aprendizaxe, tolerancia e inclusión.
Porque como ben di Manuel María no poema:
A FALA
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo
...
O idioma é a patria
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén.
Grazas pola vosa fala: Yosra, Nasira, Daria, María Clara, Shana, Salvador, Iván, Santiago e Pablo.