CALENDARIO ESTIÑO 16/17

Un curso máis, e xa temos  un novo calendario ESTIÑO, este ano moi doce, xa que está adicado ás LAMBETADAS. Ao noso centro tocoulle  ilustrar un gorro de cociñeira con cañas. Este ano foi escollido un debuxo de primeiro curso, pero cada un dos nenos e nenas, deron o mellor de si. Noraboa a todos.

SABEDES POR QUE O CALENDARIO SE CHAMA ESTIÑO?

Polos anos 70, un grupo de mestres e mestras de escolas unitarias da provincia de Lugo empezaron a  compartir experiencias, recursos e problemáticas sobre a escola rural. Así naceu en Lugo o Colectivo Pedagóxico Estiño en 1983.

Na actualidade, o seu traballo pedagóxico  segue vinculado ao estudo dos distintos aspectos da cultura galega, ao seu valor e a súa pervivencia. 

Ademáis dos calendarios, os traballos dos distintos centros quedan plasmados na revista escolar Miuzallas.

Os calendarios póñense á venda e os cartos recaudados destínanse a financiar proxectos educativos en Nicaragua, a través da ONG lucense AXUNICA. http://www.axunica.org

Fonte de información: http://estinho.gal/nos 

http://colectivoestinho.blogspot.com.es/ 

Así quedou de bonito o calendario coa  colaboración do noso colexio e doutros da provincia.

 

Podes ver os debuxos seleccionados no seguinte enlace:

https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCaEhaM2Q0dXQ5YTQ

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso