Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1º Curso, 3º Curso, 6º Curso, blog skills, Celebramos!, Ed. infantil, Escolares, Games, Good Job, Historias da nosa aula, Inglés, Medio Ambiente, Música, O souto dos Laretas, Obradoiro das Letras, PALE, Recunchos

Somos Químicos

Os Pipetas - Entroido 2017

Proxecto anual: Investigando, tolos pola ciencia

Todos/as podemos ser valentes

Búscanse valentes

Juan Manuel Montilla Macarrón, máis coñecido coma El Langui  (Madrid, 1979), Dedica a canción 'Se buscan valientes' á loita contra o acoso escolar. "A partir de agora, valentes serán aqueles nenos/as que cando vexan unha situación inxusta, de acoso ou abuso, non mirarán cara outro lado". 

"O rap é un tipo de música moi directa e combativa, e transmite á perfección a mensaxe Todos podemos ser valientes!" (Campaña 12 meses se buscan valientes de Mediaset)

Nós reescribimos a letra deste rap en galego, para cantala no día da Paz.

 accede a sebuscanvalientes.com

Un rap sen fronteiras lingüísticas. Mediaset.es/12meses fixo unha montaxe do rap empregando a letra en galego que lles enviamos e as imaxes do noso vídeo. Este é o link onde está subido na web de 12Meses para que poidades velo e/ou compartilo: http://www.mediaset.es/12meses/campanas/se_buscan_valientes/animas-cantar-valientes-gallego-Unete_2_2331555026.html

 

Sons de Paz

Musical con sons de Paz

O Himno á Alegría de Beethoven coa frauta e coas voces. 

O Apalpador tamén estivo en Toén

Soños de Nadal

E ti con que soñas este Nadal?

Nós soñamos cun Nadal, que encha o  noso mundo coa fantasía dos contos, que nos anime a ler e a gozar coa lectura, porque ... un neno/a que le, será un adulto que pensa.  

O Nadal é epoca de panxoliñas, animámoste a cantar porque coas cancións practicas o ritmo, a velocidade e melloras a pronunciación. 

Nun pequeno acto, que tivo lugar na biblioteca, cantamos, dramatizamos e interpretamos coa flauta e instrumentos de lámina, 3 panxoliñas: "O mundo dos contos", "Rodolfo o reno" e "Navidad"

nadal016 from Efren Esquio on Vimeo.

Química Siniestra

SAMAÍN 2016

16quimica siniestra from Efren Esquio on Vimeo.

Ola mundo!

Aprendendo a falar na linguaxe das máquinas

Desenvolvemento do proxecto:

1º Deseñamos un circuíto de doble carril, con paso de peóns, semáforos, sinais de tráfico e 2 rotondas.

Aproveitaremos para sabelo todo sobre a educación viaria.

2º De seguido decidimos o traxecto do escornabot



   

3º Programamos os movementos coa biblioteca de movementos, Icía encargouse de ir introducindo os comandos no programa.

4º Gravamos e editamos un vídeo 

Circuito de Escornabots from Efren Esquio on Vimeo.

Coñeces o patrimonio de Ourense?


Robótica nas aulas

OS INSTRUMENTOS MEDIEVAIS NA ARQUIVOLTA DO PÓRTICO DO PARAÍSO – CATEDRAL DE OURENSE

  

Hugo Gallego e Gabriel, enfróntanse aos coñecementos de Zoe e Candela.

O xogo consta de:

Un taboleiro

Tarxetas coas descricións dos instrumentos

Un díptico coa información necesaria para respostar axeitadamente ás preguntas do adversario no caso de ter dúbidas.

Este é o  Plantexamento didáctico desta actividade.

Rúbrica de avaliación

IDENTIFICAR ESCULTURAS, ESTATUAS E BENS INMOBLES DO PATRIMONIO DA NOSA CIDADE 

  

Desenvolvemento do xogo

Conta dun taboleiro con nomes de 11 esculturas representativas do patrimonio de Ourense e 11 tarxetas coas descricións e situacions desas esculturas.

Colócanse as tarxetas cara abaixo, cada equipo vai levantando unha tarxeta, le o contido e leva o escornabot ata a imaxe correspondente.

Se non acertan, ou programan mal o escornabot e non chega a cela correspondente, pode contestar o outro equipo.

O xogo remata ao contestar correctamente a todas as tarxetas e gaña o equipo que recoñeceu máis esculturas.

 TABOLEIRO   TARXETAS PARA RECORTAR

 

 

Circuíto en serie con plastilina condutora

Circuíto en serie de tres leds (light-emitting diode: ‘diodo emisor de luz’).

Precisamos:

- 3 Leds

- Plastilina condutora que permite o paso de corrente eléctrica dende o transformador (A fonte de enerxía) aos leds (receptores). A plastilina funciona coma un cable condutor. A que fixemos agora é de cor amarela

- Plastilina comercial, nos usamos de cor verde, que actúa como illante. 

- Un Transformador de corrente, que nos permite diminuír a tensión da corrente eléctrica de 220 V a 1,5,V a 3V, 6V ou 12 V.

Como vedes no esquema neste circuíto só existe un camiño para a corrente, A principal desvenaxa dos circuítos en serie, é que se un dos led se funde, todo o circuíto deixa de funcionar. 

Procedemento.

1)Para crear o noso circuíto eléctrico, facemos 4 bólas de plastilina condutora e  para evitar un cortocircuíto, colocaremo masa illante (plasti comercial normal) entre as bólas condutoras. Se dúas bolas de plastilina condutora se tocasen, a corrente pasaría pola plastilina e non polo led, segue sempre o camiño máis fácil.

2)Co transformador apagado conectamos o cable vermello (+) á 1ª bóla de plasti e o cable azul á última.

3) Para pechar o circuíto, colocamos os led na plastilina condutora, tendo especial coidado que a pata máis longa (ánodo) vaia na bola co cable vermello e a máis curta (cátodo) no seguinte, e manter esa disposición (longa - curta) nas outras bólas.

4) Imos probando co transformador, aumentando a intensidade de corrente, ata que acenden todos os led. A 6 Voltios acéndense moi tenuemente. pero se lle suministramos 12 voltios ilumínanse mellor.

   
 

 

 

Investigando e creando- Plastilina condutora

INVESTIGANDO. TOLOS POLA CIENCIA.

Hoxe creamos plastilina, pero cunha propiedade engadida... resulta que é condutora. Esta propiedade adquírea grazas ao sal e ao limón.

A nosa plastilina é unha boa condutora porque na súa composición existen sales (de sodio e potasio) que están disoltas no zume e os ións da auga (átomos cargados debido á perda/ganancia de electróns) que facilitan a condutividade eléctrica.

Instrucións para facer plastilina condutora (pdf)

Acabamos de crear un circuíto en paralelo. É dicir, un circuíto no que cada LED, está conectado á fonte de alimentación  de forma independiente ao resto. Se un LED se fundira, os outros seguirían alumeando. Por outro lado todos os elementos conectados reciben a mesma tensión.

NOTA:  Tede en conta que o sal que contén a plastilina condutora oxidará as patillas dos led. Hai que limpar ben cun pano húmido as pezas, despois de cada uso para garantir o seu bo funcionamento.

Tolos pola Ciencia. Plastilina condutora from Efren Esquio on Vimeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut