Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Días Distintos

Concurso da ONCE

A 35 Edición do Concurso Escolar ONCE é un programa de sensibilización educativa organizado pola ONCE e a súa Fundación, que axuda a fomentar valores como a solidariedade e o pensamento crítico, o papel activo do alumnado e o traballo colaborativo, para conseguir igualdade de oportunidades para todas as persoas.

Este ano o alumnado de terceiro e de sexto de primaria, acompañados polas nosas respectivas titoras, embarcámonos no proxecto concurso que este ano a ONCE ofrecía baixo o lema: “Por un recreo inclusivo, polo meu e por todos os meus compañeiros”. Ao longo de varias sesións tratamos o tema da discapacidade achegando ao noso alumnado a esta realidade.

Visionamos unha curta sobre a vida diaria dos nenos e nenas discapacitadas nun centro escolar cheo de barreiras para eles/as. Analizamos por equipos o noso patio, detectando barreiras e propoñendo modificacións para que todos/as podamos xogar. E como tarefa final creamos o noso patio inclusivo ideal. Representámolo nun cartel que será valorado por un xurado .

 

 

 

 

  

 

Romaría das Letras

Xa está aquí o Maio

Na primeira semana de Maio estivemos de celebración: festexamos a chegada da primavera, adornando Maios e cantando coplas. Contamos coa axuda do profe Pepe, que disfrutou con nós desta festa.  

Adornamos un maio figurativo con forma de pirámide e unha alfombra floral na que, en honor a Carlos Casares, pintamos unha galiña azul. Como vedes fomos enchendo os nosos Maios  de cor con  xestas, uces, fiúncho, fentos, outras flores silvestres e rosas de todas as cores e tamén empregamos bugallos para darlle o noso toque persoal.

Tamén escribimos e cantamos as COPLAS

Celebramos o Maio

Que gran ilusión

Fai moi bo día

Mantemos a tradición

  

A festa dos Maios

É unha festa popular

Renace a natureza

E digna de admirar.

Cantaremos coplas

Xa chegou a primavera

Xa está aquí o bo tempo

Foi moi longa a espera 

Cos escornabots

Moito xogamos

Aprendemos moito

Mentres traballamos

Un circuíto

Tivemos que deseñar

Para que o robot

Puidera circular 

Polo Samaín,

Apócemas fixemos

Botamos esconxuros

Dabamos moito medo.

No noso cole

Facemos moito deporte,

Levamos vida sá

Somos moi fortes!Quinto contra sexto

Tivemos que competir,

Non sabiamos que facer

Se chorar ou rir.

No deporte escolar,

Os de sexto arrasamos

Ás provinciais pasamos

E moi contentos xogamos

                 


Gañamos este ano

Varios concursos

A muller na ciencia

E tamén sobre o estatuto

Mulleres na ciencia

Moitas coñecemos

Esfórzanse moito

Nós tamén podemos

Contra os estereotipos

Queremos loitar

Somos todos iguais

Non hai que dicir máis.    

Quero ser científica

Non quero ser princesa

E tratar de  mellorar

A vida no planeta  

Este ano no Entroido

Coidamos  o planeta

Coa nosa comedia

Salvaremos a Terra.

Viaxamos a Madrid

Todos os de sexto

Con outros colexios

Moitos amigos fixemos.   

Fomos ao teatro

Ver o Rei León

foi alucinante

foi o mellor! 

Visitamos Faunia

Ao Aquarium entramos

E no Bernabeu

As copas admiramos.

Todos os de sexto

Marchamos para o instituto,

Que ben o pasamos

Xuntos neste curso.               

Desfile de Entroido

O Venres 24 de febreiro, festa rachada no colexio.  Galería de Imaxes

Benvidos ao desfile de Entroido do noso cole!

Con comparsas, comedias, cancións, baile e merenda

Todas as comparsas atenden á temática do proxecto Investigando Tolos pola Ciencia. 

Coa participación estelar da Comparsa A TUNA da Universidade de Ciencias do Centro de Día  de Toén

 
 OS MARCIANIÑOS DE EDUCACIÓN INFANTIL - 5 anos  OS PIPETAS DE 1º EP
   
 OS ARQUEÓLOGOS DE 2º   OS FÍSICOS DE 3º EP
   
 ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN . 4º  OS ROBÓTICOS DE 5º

OS SUPERVIVINTES DA ZONA CERO DE TOÉN - 6º

Actuacións:

Ed. Infantil - Canta e baila "Marcianiño, marcianiño"

1º EP - Canta e baila "Benvidos, os químicos de Toén"

2º EP - Canta e baila "Imos excavando polas ruinas"

3º EP -  Canta e baila "A Bicicleta"

4º EP - Cantan e bailan "Salvar tu amor animales en peligro de extincion" de Carlos Vives

5º EP - Comedia "Os Robóticos", Baile

6º EP - Comedia "Toxictour.com", Baile

Celebracións do Entroido

Actividade encadrada no Proxecto Documental Integrado: Investigando, tolos pola ciencia

Así celebramos o Entroido na escola

Atendemos aos mandadiños de Efrén

Luns: Celebramos o día de Rosalía. "Se como Rosalía queres ser, un airiño a ela has ter"

 
 

Martes: "Un experimento preparaches e cunha pinta rara quedaches"

Mércores: "E para arranxar tal avaría, vai á perruquería"

 

Xoves de Compadres e comadres

  

Reportaxe fotográfico do Entroido en Galería de Imaxes

Rosalía de Castro con Realidade Aumentada

Os Códigos QR almacenan información nunha matriz de puntos ou nun código de barras bidimensional.

Estes códigos unha vez lidos dende un móbil, permitiranvos visitar a páxina Web introducida de forma  automática. Só tendes que  descargar un lector de códigos. Hai múltiples lectores QR gratuitos, para todos os móbiles e tablets nas App Stores dos dispositivos.

Abride a aplicación e, mantendo o obxectivo da cámara  sobre  os códigos QR , escaneade as imaxes (O escaneo realízase en cuestión de segundos) e descubriredes o que se agocha detrás de cada código.

 
Clase de 2º EP - Has de Cantar    Ed. Infantil - Non che teño medo moucho

Día de Rosalía

O 24 de febreiro homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu 180 aniversario. 

Este ano, como coincidía coa celebración do Entroido, adiantámonos uns día e celebrámolo o día 20 con diversos actos.

- Rapaces e mestres das clases de 3º a 6º  compartimos con todas as avoas e avós, no Centro de Día de Toén,  a nosa homenaxe a Rosalía.

 Falámoslles sobre a vida da autora e recitamos poemas, cancións e raps...

Participamos con entusiasmo nun xogo de memoria. Tiñamos que ordenar uns versos de distintos poemas de Rosalía. Pero non o faciamos sós, resolvemos cada proba traballando en equipo: rapaces de distintos cursos e maiores.

rosalia2017 by Slidely Photo Gallery

Despois, caracterizados coas nosas carautas de Rosalía e cos versos que cada un elixiu, fixemos fotos cos avós e as avoas  sumándonos así  a actividade proposta pola AELG: RosalíaTE 

#RosaliaTe2017 by Slidely Photo Gallery

O Nadal dos contos

Na Plataforma Agueiro, podedes ver as actividades que programamos para o acto:

E ti con que soñas este Nadal?

https://www.edu.xunta.es/agueiro/view/view.php?t=5DGBgUz4JIH1NtiYQflZ 

 

Igualdade de xénero, igualdade de oportunidades

A igualdade de xénero implica igualdade de dereitos e oportunidades para todos/as, independentemente do sexo, crenzas, orixe ou calquera outra condición. 

Nestes días realizamos unha serie de actividades para reflexionar sobre os estereotipos de xénero no referente ás profesións

Reunidos todo o centro na biblioteca, realizamos unha dinámica coeducativa, moderada por Carmen, na que os nenos e nenas tiñan que describir a unha persoa que opera,  unha persoa que conduce un camión, unha que apaga incendios e rescata xente... (evitando mencionar o seu sexo.)

A maioría das respostas foron "é alto e forte, co pelo curto..."

- E como é unha persoa que axuda ao cirurxián, ou unha persoa que fai peiteados?   

 As respostas  foron : "alta, delgada,  co pelo longo..."     

Ao cabo, dixémoslles que iamos facer un xogo e entrou na biblioteca unha muller vestida cun chandal. 

Preguntámoslles  cal pensaban que era a súa profesión. Estas foron as respostas: 

- Entrenadora persoal

- Profesora de E. Física

- Dependenta 

- Mestra

- Enfermeira...

Agora tiñan que adiviñar cal era a profesión desta muller facéndolle preguntas directas, ás que elas só podía responder si/non. 

A muller abandoou a biblioteca uns minutos e apareceu equipada co traxe que emprega diariamente no seu traballo: era BOMBEIRA. 

Os rapaces e rapazas fixéronlle moitas preguntas sobre a súa profesión e sobre todo interesáronse polos perigos da mesma. Ela explicou que, ante todo, había que ter sangue frío para actuar en situacións límite e  que "nesta profesión non hai superheroes, todo se basea no traballo en equipo"

 

CONCLUSIÓNS: Ás veces sen ser conscientes asignamos distintos papeis e temos comportamentos diferentes coas persoas segundo nacesen nenos ou nenas e temos distinas expectativas para cada xénero, e estes comportamentos deben ser corrixidos. A igualdade non debe ser unha actividade puntual, se non que debe formar parte da nosa rutina diaria. 

Distribuir contido


by Dr. Radut