Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1º Curso

UN SAMAÍN DE CINE-1ºE.P. 2017

Resultado de imaxes para samaín gif

Experimentamos coa música e a pintura.

Pequenos-grandes artistas

Cada un dos nenos e nenas, plasmou o que lle veu a cabeza namentras escoitabamos as "Catro Estacións" de Vivaldi.

Paisaxes florais, volcáns en erupción, montes con lagos de cores... cada debuxo conta unha historia, a dos seus creadores.

Cidadáns do mundo

Ademáis de mergullarnos no mundo da química, neste curso desenvolvimos un proxecto paralelo sobre o mundo. cada neno escolleu un país e entre todos, investigamos sobre cada un deles:

  • Qué comen.Onde están.
  • Qué monumentos chaman máis a atención.
  • Cál é o seu animal emblemático.
  • Cómo é a súa bandeira.
  • Cánta distancia hai dende onde vivimos nós
  • Cál é a súa moeda...

 

Volcáns

Pouco a pouco os nosos volcáns xa van collendo forma...

"Escornaboteando"

Aproveitando que o noso proxecto trata da química, preparamos un taboleiro para poder aprender máis... namentras xogamos co escornabot.

Encántanos empregar a tecnoloxía ao noso favor, creando un novo modo de aprender.

Nesta ocasión traballamos naquel material que se precisa nun laboratorio: matraces, probetas, pipetas...

 

 

 

Moito experimentamos

Este ano mergullámonos no emocionante mundo da ciencia, e en 1º de primaria, quixemos experimentar e aprender un chisco máis sobre química.

Probamos ducias de reaccións e experimentamos con cousas da nosa vida cotiá coma un simple limón e un pouco de bicarbonato.

Ás veces conseguimos efectos xeniais: moita escuma, cambios de cor, óvos frixidos sen cociña... outras non nos saíron tan ben... e coma todo, houbo que seguir practicando e probando novas mesturas, coas cantidades xustas.

 

Aquí vos queda unha pequena mostra do divertido que foi aprender:

 

 

 

 

Nun bosque de versos

Día da árbore e da poesía:

Esta é a poesía que escribimos dedicada ao arce do cole

Xogando aprendemos

Aprendemos a hora xogando cos nosos reloxos.

Cada un co seu estilo.

 

O día de Rosalía

Polo día adicado a Rosalía de Castro, os nenos e nenas de 1º preparamos o poema "Parece unha rosa".

Fixemos unhas rosas con cartolina, para plasmar as estrofas que máis nos gustaron.

Somos Químicos

Os Pipetas - Entroido 2017

Proxecto anual: Investigando, tolos pola ciencia

Distribuir contido


by Dr. Radut