Skip to Content

Por promoción, Prom. 2012, Prom. 2013, Prom. 2014, Prom. 2015, Prom. 2016, Prom. 2017, Prom. 2018, Prom. 2019, Prom. 2020

CHEGAN OS INSECTOS A 5B DE INFANTIL

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Primavera e insectos

A primavera da moito xogo!! Despóis de coñecer as características de diferentes flores, toca investigar sobre os insectos. A nosa aula esta cheíña deles e comezamos a aventura....

 

MURAL PARA O CONCURSO "DEBUXANDO A NATUREZA" 6º EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> CONCURSO "DEBUXANDO A NATUREZA" 6º EI

O grupo naturalista Hábitar e Coawa convocaron un concurso para elaborar un mural coa flora e fauna da presa de Cecebre. As aulas de 6º de infantil apuntámonos e estamos á espera da resolución do xurado.

Desexádenos moita sorte!!

CICLO DOS VERMES DE SEDA 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> VERMES DE SEDA 6ºB EI

No mes de marzo empezaron a nacer os oviños que puxeran as bolboretas a finais do curso pasado. Así empezou o novo ciclo biolóxico destes bichiños.

Alimentámolos coas follas da nosa moreira porque non comen outra cousa. Medran moi rápido e agora, despois de encerrarse nas súas casiñas nas que se producirá un proceso máxico, estamos agardando a que saian eses vermes transformados en bolboretas e que poñan ovos, de novo, para poder coidalos o vindeiro curso.

Desta vez temos pensado facer un traballo especial cos capullos. A ver se nos queda chulo.

PEPE, NOVO COMPAÑEIRO DA CLASE

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Pepe na primavera

Temos un novo compañeiro na clase, chámase Pepe, e é un caracol que coidamos moitísimo.

Todos os días lle damos follas e herbas para comer e tamén un pouco de auga.

Mirade que bonita a primavera na aula de 3 aniños.

Graciñas polas flores familias, gracias por participar!Risa

Distribuir contido


by Dr. Radut