Skip to Content

Saídas e visitas

VISITAMOS A CASA DAS CIENCIAS

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Casa das ciencias

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS

O pasado mércores visitamos a casa das ciencias. Alí aprendimos unha morea de cousas que suceden ao noso redor gracias á ciencia. Disfrutamos tocando todos os experimentos que hai alí.

No planetario aprendimos moitas cousas sobre os Polos acompañando a un oso e un pingüín na súa viaxe espacial.

Podedes ver o ben que o pasamos no álbum.

A NENA DAS TRENZAS AO REVÉS (teatro no Forum 5º B EI)

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> TEATRO 5ºB EI

O xoves 23 de marzo fomos ao teatro ao Forum e vimos "A nena das trenzas ao revés". Estivo xenial!

SAÍDA Á FILMOTECA EN 5 ANOS!

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Saída ao CGAI

Hoxe tivemos a primeira saída deste curso,fomos á filmoteca do CGAI!

Vimos dúas curtas, estivemos moi atent@s,  e pasámolo xenial!

VISITA DE POLO CORREO DO VENTO A 1º

Álbum: Educación Primaria 2021-2022 -> Polo correo do vento

VISITA DA COMPAÑÍA POLO CORREO DO VENTO

Este xoves, a compañía Polo correo do vento visitou o noso cole. Traía a historia de Mario, un neno que coñecía outros idiomas pero que non lle vía utilidade á súa lingua nai.

Foi unha actuación moi divertida,  e aprendemos a ser ilustradores. A historia estivo acompañada de música.

As nenas e nenos de 1º disfrutamos moito desta aventura.

Distribuir contido


by Dr. Radut