Álbum: CURSO 2019-2020 -> Cartel do Día de Rosalía 2020
Como ben sabedes, o 24 de febreiro, celébrase do Día de Rosalía. Desde a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), hai dous anos escolleron o lema #AbrideAFiestra (mirade aquí algo do que elaboramos). O ano pasado, propuxeron #libreomeupensamento. E, neste curso, #ErrantesPoloMundo.
A canción de Rosalía pequeniña de Uxía
Podédela ver nos Rakontos ou premendo na imaxe.
Decoración das fiestras na honra da nosa poetisa
Veredes un cartel nunha fiestra de cada clase coas seguintes mensaxes:
- As letras “Rosalía de Castro”.
- As letras coa data do día.
- Fragmentos de versos de Rosalía.
- O hagstag: #LIBREOMEUPENSAMENTO.
- Cara de Rosalía. Aquí tendes o pdf para descargalas.
Logo de elaborar o seu cartel, cada clase, colocará o cartel elaborado no cristal da ventá da aula máis preto da porta para decorar a fachada.
Photocall con versos de Rosalía
Iremos poñendo as imaxes na nosa páxina. Estade atentos e atentas.