O Apalpador, como tantas outras tradicións (Papá Noel, por exemplo), sempre xorden nun pequeno lugar e, desde aí, vanse espallando porque resultan atractivas (preme aquí para saber máis sobre iso).
A canción que soa na megafonía: Tres castañas polo chan
Propoñémosvos unha canción, cremos, de Susa Herrera moi sinxela de cantar na aula: Castañas polo chan. Embaixo amosámosvos a letra. A bailar!
Aí vai unha, aí van dúas,
tres castañas polo chan!
Unha é miña,
outra é túa
e outra é daquel rapaz.
E aquí vola deixamos en pictogramas:
Canción da castaña
Enriba amosamos como sería o ritmo e a melodía da canción para que a poidades cantar na casa e no colexio. Descoñecemos o seu autor ou autora, mais a súa letra di o seguinte. Se a queredes ver con pictogramas Arasaac en pdf, premede na imaxe de embaixo.
Non chas quero
Desta volta unha canción ben bonita e clásica. Enriba tendes o vídeo co karaoke incluído. A comer castañas!
Magosto
Estamos achegándonos á celebración da festa das castañas. Aquí vos deixamos un tema tradicional titulado Magosto. Inclúese nun libro disco chamado 13 Lúas. Esta é a súa letra no Rakonto.
Xogos para o Magosto
Achégase o Magosto e, con el, os tradicionais xogos coas castañas. Se premedes na imaxe, poderedes ver o borrador explicativo dos xogos que habitualmente organizabamos ese día.
Unidade didáctica
Se premedes na imaxe de enriba, poderedes descargar unha unidade didáctica (UD) sobre o Magosto elaborada polo noso compañeiro Alberto. Vai dirixida ao 2º nivel da Educación Primaria, pero seguro que algunha actividade se pode aproveitar para outras clases.