SOLICITUDES ADMISIÓN FÓRA DE PRAZO DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

Unha vez rematado o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2023-2024, poderán presentarse no centro, a solicitude de admisión fóra de prazo para o curso 2023-24, para aquelas familias que por diversas circunstancias non o fixeron anteriormente.

 

Documentación requerida:

   1Impreso solicitude admisón fóra de prazoImpreso aquí. 

   2Copias dos DNI de ambos proxenitores e do alumno/a.

   3Copia do libro de familia.

  4Certificado de empadroamento da unidade familiar. De non residir no concello no que se solicita a praza, deberán adxuntar un xustificante do enderezo laboral.

   5Certificación ou último boletín de cualificacións do centro educativo de procedencia.

  6Se é o caso, copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

  7Se é o caso, documentación acreditativa da existencia de NEE do alumno/a solicitante.

 

Información a ter en conta:

  • A asignación de posto escolar é realizada pola Inspección Educativa de Arteixo por rigorosa orde de data e hora de rexistro de entrada no centro e despois da asignación de posto escolar aos solicitantes en prazo.
  • Non se bareman os criterios contemplados para as solicitudes de admisión que se presentaron en prazo.
  • De non existir vacante no nivel no centro solicitado seralle adxudicado de oficio un posto escolar noutro centro.
  • Non existe prioridade nin se realizan reservas de praza por NEAE en 4º de Infantil nin en 1º de Primaria. 

DÍA NON LECTIVO

Lembramos que o día 20 de marzo é NON LECTIVO por tratarse dun dos días escollidos polo centro. As clases reanudaranse o 21 de marzo.

Un saúdo

ACLARACIÓN SOBRE A AMPLIACIÓN DO PRAZO DO PROCESO DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

ACLARACIÓN SOBRE A AMPLIACIÓN DO PRAZO DO PROCESO DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO.

O PRAZO DE AMPLIACIÓN ATA O 21 DE MARZO DA SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO É SÓ PARA AS SOLICITUDES QUE SE PRESENTEN NA SECREATARÍA DO CENTRO.

 

AS SOLICITUDES PRESENTADAS DE MANEIRA TELEMÁTICA SERÁN ACEPTADAS SÓ ATA O 20 DE MARZO INCLUSIVE. 

 

 

AVISO. PRAZO ADMISIÓN ALUMNADO

Aviso. Debido a que o día non lectivo escollido polo centro coincide co último día de presentación de solicitudes para a adminisión de alumnado, comunícase que:

- o último día do prazo para a presentación de solicitudes de admisión ordinarias para o curso 2023/24 no CEIP Ponte dos Brozos é o 21 DE MARZO DE 2023.

 

Un saúdo. O Equipo Directivo

XORNADA DE PLANTACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL

Queremos invitarvos a participar nunha Xornada de Plantación dirixida as familias con alumnado en Educación Infantil. A continuación deixamovos toda información. Anivádemos!

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

1- CALENDARIO:

Solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive.

Presentación da documentación de baremo, en caso de haber máis solicitudes que prazas (INFORMARASE DO PRAZO NESTA WEB)

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril do 2022

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio do 2022.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2022

2- FORMA DE PRESENTACIÓN:

  1.      Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada no centro.
  2.      Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
  3.      Cubrir a solicitude manualmente e entregala  asinada no centro

                        Descargar Impreso: Galego   Castelán

 

A partir do mércores 1 de marzo, poden recoller o impreso na conserxería

Instruccións

3- DOCUMENTACIÓN:

  • Ademáis do Impreso da solicitude de admisión
  • Copia e orixinal do libro de familia, DNI/NIE do alumno e os proxenitores ou documentación acreditativa do requisito de idade.
  • Para alumnado procedente doutro centro deberán achegar tamén unha certificación de matrícula do centro de procedencia.
  • En caso de separación xudicial ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial.
  • Se solicitan unha praza para alumnado con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) achegarase a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición, derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou de trastornos graves da conduta.

4- ZONAS DE INFLUENCIA:

  • Santiago de Arteixo (Parcial)
  • Santa Mariña, Lañas
  • San Estevo, Larín
  • San Pedro, Armentón
  • San Xiao de Barrañán
  • Santo Tomé, Monteagudo
  • San Pedro, Sorrizo
  • Santaia, Chamín

VER A LISTAXE DE RÚAS E PARROQUIAS ÁS QUE LLES CORRESPONDE O CEIP PONTE DOS BROZOS

Centros adscritos:

  • IES  ao que estamos adscritos para Educación Secundaria: IES Manuel Murguía.
  • Centros adscritos: EEI de A Lagoa, EEI de Rorís, EEI de Larín de Arriba.

5- PRAZAS VACANTES

4º EDUCACIÓN INFANTIL

125*

5º EDUCACIÓN INFANTIL

11

6º EDUCACIÓN INFANTIL

22*

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

9

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

6

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

16

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

7

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

21

 

 * 15 prazas de reserva para alumnado con NEAE

6- CRITERIOS DE BAREMACIÓN  

Deben marcar os criterios que alegan para que se teñan en conta no caso de que haxa que baremar as solicitudes de admisión. Se non se indica nada nun criterio, non se terá en conta.

Para o criterio da renda éste debe vir cuberto cos datos.

 VER ANEXO

7- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO

O horario lectivo do centro é: de 09:30 a 14:30. 

Xestionado pola ANPA Ponte dos Brozos: madrugadores, comedor, extraescolares en merenda   

Contacto ANPA

Tranporte escolar, xestionado polo centro. Solicítase no momento de formalizar a matrícula.

  • Liña 1:Dende Urbanización Baer (parada excepcional) até Campo- Sorrizo.
  • Liña 2:Dende Centro de Saúde (parada excepcional) até Santaia.
  • Liña 3: Dende Bloquera (parada excepcional) até O Rañal 2.

Importante sobre o servizo de transporte:

  • Non teñen dereito a este servizo complementario os alumnos/as que, estando domiciliados nas áreas de influencia doutros centros, decidan solicitar praza neste. (Art. 6. Orde de 12 de marzo de 2013).
  • Só ten dereito a este servizo o alumnado domiciliado a máis de 2 Km. do centro, pero dentro da zona de influencia do mesmo.
  • A Xefatura Territorial poderá conceder, previa solicitude, autorización excepcional para alumnado domiciliado a unha distancia do Centro inferior a 2 Km. e superior a 1 Km. Estas autorizacións concederanse en precario e serán revogables. (Punto 3. Instrución 3/2012)

8- OBSERVACIÓNS:

  • A solicitude de admisión será única e vinculante, poderá conter ata seis centros, por orde de preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar.
  • O alumnado matriculado no CEIP Ponte dos Brozos, que presente solicitude de admisión noutro centro deberá informarnos.
  • No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
  •  Darán lugar á perda do dereito de prioridade:
    • A presentación da solicitude fóra de prazo.(Considérase fóra de prazo as entregadas entre o 21de marzo e o 18 de maio)
    • A presentación de máis dunha solicitude, en distintos centros.
    • As solicitudes que conteñan datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumno/a.As solicitudes que estean acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais.

9- LEXISLACIÓN

Distribuir contido